Amando Carro Pérez, nado en Cedeira, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Militante da CNT de Cervo (Cedeira). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado polo bando rebelde. Combateu no Rexemento de Enxeñeiros do sétimo Corpo de Exército.La Voz de Galicia, 20-6-1937, p. 7. Ao rematar a guerra incorporouse ao Grupo Neira, ao que lle proporcionou armas que trouxo da fronte. Capturado e torturado pola Garda Civil, foi asasinado a principios dos anos corenta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (C)

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Cedeira

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido