Leire Bilbao Barruetabeña, nada en Ondárroa, Biscaia o 27 de xullo de 1978 é unha escritora en éuscaro.

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro de PEN Club.

Traxectoria Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Deusto, colaborou nalgúns medios de comunicación, como Radio Euskadi, Deia e Berria. Na súa mocidade estivo vinculada ao mundo do versolarismo. Como escritora a súa obra desenvólvese sobre todo ao redor da poesía e a literatura infantil e xuvenil. Ao longo da súa carreira foi galardoada con distintos premios. Varias das súas obras foron traducidas ao catalán, ao español e ao galego.

Traxectoria literaria Comezou de moza participando e gañando premios literarios. En 2006 empezou escribindo libros dirixidos ao público infantil e xuvenil, e coa publicación de Amonak nobioa du, eta zer? (A avoa ten noivo, e que?) (editorial Elkar) comezou a súa andaina no mundo de LIX, cunha produción abundante e moi produtiva. En anos posteriores continuou publicando continuamente traballos para nenos e novos.

Na Literatura para adultos, empezou o seu camiño literario cun libro de poemas: Ezkatak (2006), publicado pola Editorial Susa. Algúns poemas que compoñen o libro foron traducidos: ao inglés, ao italiano, ao alemán, ao catalán, e outros cantos ao galego e castelán. Cinco anos máis tarde, publicou o seu segundo libro de poemas, Scanner (Susa, 2011), que está dirixido a lectores adultos. Algúns poemas deste segundo libro tamén foron traducidos a outros idiomas, como ao inglés, romanés, letón, checo, sueco, chinés e galego. E algúns poemas desta autora tamén foron recollidos en antoloxías como Forked Tongues, El poder del cuerpo, Sangrantes, Escolma salvaxe ou Traslúcidas. Así mesmo, varios poemas deste segundo libro foron cantados por cantantes vascos. En 2018 publica o seu poemario bilingüe Entre escamas e en 2020 Etxeko urak.

En 2014 participou na 3ª edición do “Con barqueira e remador”, un obradoiro internacional de Tradución Poética que se organizou na Illa de San Simón, na ría de Vigo. En 2016 participou no programa "Poetas itinerantes", proxecto de amplo alento promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramon Llull e o Consello da Cultura Galega.

Obras

Literatura Infantil e Xuvenil

Amonak nobioa du, eta zer? (2006). Elkar Komunean galtzen naiz (2007). Elkar Markel Gelazikin (2008). Elkar Martin, egon geldi (2009). Elkar Teresa Cereixa / Garazi Gerezi (2009). Gero Mensajero Olagarro bat bainuontzian (2010). Elkar Armairu barruan ipuinak irakurtzen zituen neska (2010). Erein. Oihana hirian (2011). Elkar. Gaua balkoian (2012). Mezulari. Euli bat dut bihotzean (2013). Elkar. Gerrak ez du izenik (2013). Pamiela. Doministripu jauna (2014). Elkar. Itsasoa edan dut (2014). Ibaizabal. Errotondan bueltaka (2015). Elkar Pikondoaren balada (2017). Elkar. Leiho bat eta leiho bi (2018). Zubia-Santillana. Pico Chico (2019). Tramuntana / Bec Xic (2019). Mokotxiki (2017). Pamiela. Bichopoemas y otras bestias / Bechopoemas e outras bestas / Bitxopoemes i altres bèsties (2019). Kalandraka. Xomorropoemak (2016). Pamiela. Bestiapoemas y otros bichos / Poemas bestas e outros bechos/ Bèsties, poemes i altres bitxos (2021). Kalandraka / Piztipoemak (2016). Pamiela. Barruko hotsak eta beste soinu txiki batzuk (2021). Pamiela. Itzal itzela (2022). Ikaselkar.

Poesía

Ezkatak (2006). Susa. Scanner (2011). Susa. Entre escamas (2018). Marisma Etxeko urak (2020). Susa.

Traducións

Nijole Miliauskaite (2016). Munduko poesia kaierak

Antoloxías Foi seleccionada entre os oito poetas en lingua vasca recollidos en Las aguas tranquilas (Renacimiento, 2018). A propia autora cotraduciu a súa obra ao español, xunto ao antólogo Aitor Francos.

Premios

2013: Premio Etxepare, co libro Gerrak ez du izenik. 2017: Premio Lizardi, co libro Pikondoaren balada. 2017: Premio Euskadi Literatura Infantil e Xuvenil en éuscaro, co libro Xomorropoemak eta beste piztia batzuk 2019: Premio Kirico 2019, co libro Bichopoemas e outras bestas.2021: Premio Lauaxeta 2021, co libro Etxeko urak (Susa, 2020) 2022: Premio Euskadi Literatura Infantil e Xuvenil en éuscaro, co libro Barruko hotsak. 2022: Premio Rosalía de Castro de PEN Club. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Leire Bilbao "Literaturaren Zubitegia"n Leire Bilbao na páxina web de Euskal Idazleen Elkartea/Asociación de Ecritores Vascos

Categoría:Nados en Ondarroa Categoría:Nados en 1978 Categoría:Escritores en lingua éuscara