American Horror Stories é unha serie estadounidense antolóxica de terror creada por Ryan Murphy e Brad Falchuk para FX on Hulu. Estreouse o 15 de xullo de 2021, e a serie serve como terceiro título da franquía American Story, e un spin-off de American Horror Story. Entre o elenco que regresou da serie orixinal están Matt Bomer, Celia Finkelstein, Naomi Grossman, John Carroll Lynch, Charles Melton, Billie Lourd, Chad James Buchanan, Cody Fern, Dylan McDermott, Jamie Brewer, Denis O'Hare, Matt Lasky, Gabourey Sidibe, Max Greenfield, Austin Woods, Seth Gabel, Rebecca Dayan, Cameron Cowperthwaite, Spencer Neville e Teddy Sears.
En agosto de 2021, a serie foi renovada para unha segunda tempada, a cal se estreou o 21 de xullo de 2022.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América