5 centavos JeffersonModelo orixinal (1938-2003) "5 Cents "Jefferson Nickel" 1st portrait". Numista.com275x275pxA/: Retrato de Thomas Jefferson cara á esquerda. Marca de ceca e de gravador (FS); e data. Lendas: IN GOD WE TRUST / LIBERTY.R/: Monticello, residencia de Jefferson en Virxinia. Lendas: E PLURUBUS UNUM /MONTICELLO / FIVE CENTS / UNITED STATES OF AMERICA Datas: 1938-2003. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D), San Francisco (S) e West Point (W; só 2020). Gravador: Felix Schlag. Aliaxe: cuproníquel. Diámetro: 21,20 mm. Peso: 5 g. Espesor: 1,75 mm. Canto: liso.
A moeda de 5 centavos de dólar Jefferson é unha moeda con ese valor facial emitida en cuproníquel pola Casa da Moeda dos Estados Unidos a partir de 1938, cando substituíu os 5 centavos Buffalo.
Esta moeda caracterízase polo seu anverso co busto do terceiro presidente dos Estados Unidos, Thomas Jefferson, segundo o deseño inicial de Felix Schlag (de 1938 a 2004) e substituído posteriormente polos de Joe Fitzgerald (2005) e Jamie Franki (desde 2006). Pola súa banda, o reverso segue a representar o deseño orixinal de Schlag de Monticello, a residencia de Jefferson en Virxinia, aínda que en 2005 e 2006 a moeda contou con diferentes reversos conmemorativos.
A anterior moeda de 5 centavos Buffalo, cuxa cuñaxe comezara en 1913 presentaba dificultades técnicas para a súa produción e, superado o período de 25 anos en que unha moeda estadounidense só pode ser substituída por un complexo proceso no Congreso, a directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Nellie Tayloe Ross, apresurouse para iniciar o proceso para a substituír sen precisar máis beneplácito que o do secretario do Tesouro. Para iso, a US Mint convocou un concurso de deseño a principios de 1938, no que se solicitou aos participantes que presentasen as súas propostas para a nova moeda, coa condición de que representase a Jefferson no anverso e a súa residencia Monticello no reverso. Schlag foi o gañador, aínda que tivo que renovar completamente o reverso e facer algúns cambios no anverso antes de que a moeda entrase en produción en outubro de 1938.
Chegada a segunda guerra mundial e dado que o níquel era un material estratéxico no conflito, os 5 centavos Jefferson pasaron a cuñarse, entre 1942 e 1945, nunha aliaxe de cobre, prata e manganeso, que non requiría axustes nin nos equipamentos de cuñaxe nin nas máquinas expendedoras. Para sinalar a diferenza, estas moedas amosan unha gran marca de ceca no reverso, por riba da cúpula do edificio.
En 2004 e 2005, a moeda de 5 centavos tivo uns deseños totalmente renovados co gallo da conmemoración do Westward Journey, a expedición de Lewis e Clark, e a partir de 2006 retomou o tradicional reverso de Monticello, mais co novo busto de Jefferson no anverso, creado por Jamie Franki.
Prolegómenos miniatura|270x270px|Os 5 centavos Buffalo foron substituídos polos Jefferson en 1938. O deseño dos 5 centavos Buffalo, vixente ata 1938,"5 Cents "Buffalo Nickel" flat ground". Numista.com goza hoxe de boa consideración no ámbito numismático e mesmo foi recuperado pola US Mint para varias emisións conmemorativas, de colección e de investimento, na década de 2000."1 Dollar American Buffalo". Numista.com"25 Dollars "American Buffalo" Gold Bullion Coinage". Numista.com Porén, na época en que esta moeda estaba en produción non era tan apreciada, sinaladamente pola dirección da Casa da Moeda, xa que o seu deseño provocaba frecuentes roturas dos cuños se se pretendía que quedase completamente gravado. Ao cumprirse en 1938 o período de 25 anos en produción, despois do cal o secretario do Tesouro pode decidir libremente o cambio dun deseño, este e a directora da Casa da Moeda, Nellie Tayloe Ross, actuaron rapidamente para efectuar o cambio, o que non provocou ningún tipo de protesta por parte dos usuarios.Bowers, Q. D. (2007). Páxina 127.
Elección do deseño esquerda|miniatura|267x267px|A directora da US Mint, Nellie Tayloe Ross, e o representante do Tesouro Edward Bruce, inspeccionan as propostas de deseño para a moeda de 5 centavos (abril de 1938). A finais de febreiro de 1938, a Casa da Moeda anunciou a convocatoria dun concurso aberto para o deseño da nova moeda de 5 centavos, cuxo gañador recibiría un premio de mil dólares. A data límite para a recepción de propostas fixouse no 15 de abril, e a directora Ross xunto con tres escultores actuarían como xuíces. As indicacións da convocatoria eran que no anverso se debía representar un retrato de Jefferson e no reverso a súa residencia Monticello, en Virxinia.Bowers, Q. D. (2007). Páxinas 127-128.
A mediados de marzo eran poucas as propostas de deseño recibidas, mais esta falta de resposta era enganosa, xa que moitos artistas estaban a traballar nos seus proxectos para os presentar preto da data límite. Superada esta, o 20 de abril o xurado examinou 390 traballos e catro días máis tarde anunciou a proposta presentada por Felix Schlag como a gañadora.Bowers, Q. D. (2007). Páxina 129. Schlag era un deseñador natural de Alemaña e levaba nove anos nos Estados Unidos.Taxay, D. (1983) . Páxina 369. O seu busto de Jefferson para o anverso ten unha clara similitude co creado polo escultor francés Jean-Antoine Houdon que se conserva no Museo de Belas Artes de Boston.Vermeule, C. (1971). Páxinas 205-206. Ben por un descoido ou ben por algún outro motivo hoxe descoñecido, as iniciais de Schlag non se incluíron no deseño da moeda —como era habitual— ata 1966.Bardes, H. C. (1966). miniatura|199x199px|Busto de Jefferson no anverso da moeda de 5 centavos.
Antes de comezar as cuñaxes, a principios de maio de 1938 informouse de que a Casa da Moeda esixía algúns cambios no deseño de Schlag. A súa proposta orixinal consistía nun retrato de tres cuartos de Jefferson acompañado dunha árbore, e o tipo de letra resultou demasiado modernista para os directivos da Casa da Moeda. No relativo á árbore, na Casa da Moeda interpretouse como unha palmeira e non se considerou adecuado suxerir que Jefferson puidese ter plantado unha árbore coma aquela. Así as cousas, a finais de maio envióuselle ao autor unha solicitude formal de cambios. Schlag estaba ocupado daquela con outros proxectos e non puido ocuparse deses cambios ata mediados de xuño; cando o fixo, entre outras cousas mudou o reverso por unha vista plana, con perspectiva frontal, de Monticello.Bowers, Q. D. (2007). Páxinas 129-131. O historiador da arte Cornelius Vermeule describe o cambio deste xeito:Vermeule, C. (1971). Páxina 207.
Os deseños foron presentados ante a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos para os someter á súa consideración a mediados de xullo. Estes deseños lavaban xa a nova versión do edificio do reverso, mais é probable que non incluísen cambios no tipo de letra da proposta orixinal. A Comisión aprobou os deseños. Con todo, o seu presidente, Charles Moore, solicitou que se cambiase a posición dos lemas do reverso para que aparecese o nome do país na parte superior da moeda, aínda que esta suxestión non foi atendida. Logo do ditame da Comisión de Belas Artes, o secretario do Tesouro, Henry Morgenthau, aprobou o deseño.
O 21 de agosto de 1938, no xornal Herald, de Anderson, Indiana, líase:
Produción
1938-1945: comezo da emisión e cambios pola guerra miniatura|290x290px|Primeira emisión dos 5 centavos Jefferson (1938) A produción da moeda de 5 centavos Jefferson comezou o día 3 de outubro de 1938 nas cecas de Filadelfia, de Denver e de San Francisco.Bowers, Q. D. (2007). Páxinas 141-143. Antes de mediados de novembro xa se cuñaran once millóns de exemplares, que se puxeron en circulación o día 15 dese mes. Ao longo de 1938 cuñáronse arredor de 30 millóns de pezas. A novidade fixo que nos primeiros anos a nova moeda fose acaparada pola poboación e non chegou a verse comunmente na circulación ata 1940.Lange, D. W. (2006). Páxina 167.
En 1939, a Casa da Moeda perfeccionou o gravado dos cuños para perfilar mellor os chanzos da fachada de Monticello, que resultaran borrosos nos primeiros lotes cuñados. A partir de entón determinouse como unha proba para saber se esta moeda está ben cuñada que os seis chanzos se vexan con claridade. As moedas con esta particularidade comezaron a ser máis apreciadas polos coleccionistas.Bowers, Q. D. (2007). Páxinas 143-144. No ámbito do coleccionismo especializado mesmo se chegaron a establecer variantes na moeda de 5 centavos de 1939, coñecidas como "reverso de 1938" e "reverso de 1940", esta última máis común na Ceca de Filadelfia e menos frecuente no resto das cecas."1939 5C Reverse of 1938 (Regular Strike)". Professional Coin Grading Service. Tamén se coñece polo menos un exemplar coa data de 1940 que, extraordinariamente, ten o reverso habitual da moeda de 1938."1940 5C Reverse of 1938 (Proof) ". Professional Coin Grading Service."1940 5c Transitional Reverse Design". Doubleddie.com miniatura|130x130px|Emisión de guerra, coa nova aliaxe e a marca de ceca sobre o edificio."5 Cents "Jefferson Wartime Nickel"". Numista.com Coa entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, o níquel converteuse nun material de guerra crítico, o que obrigou a Casa da Moeda a reducir no posible o seu uso na moeda de cinco centavos, que tiña un 75 % de cobre e un 25 % de níquel. Con tal fin, o 27 de marzo de 1942 o Congreso aprobou unha nova aliaxe para esta moeda, conformada por un 50 % de cobre e un 50 % de prata, aínda que autorizou a Casa da Moeda para que puidese alterar estas proporcións ou mesmo engadir outros metais, na procura do interese público. A maior preocupación da Casa da Moeda era a de atopar unha aliaxe que non contivese níquel pero que seguise a responder igualmente tanto aos detectores de falsificacións como ás máquinas expendedoras. Finalmente, determinouse que a aliaxe axeitada era a composta por un 56 % de cobre, un 35 % de prata e un 9 % de manganeso, e comezou a ser utilizada para a cuñaxe das moedas de 5 centavos a partir de outubro de 1942.
Coa esperanza de que puidesen ser doadamente detectables na moeda en circulación para a súa retirada logo de concluída a guerra, a Casa da Moeda cuñou todas estas "moedas de guerra" cunha marca de ceca de gran tamaño no reverso, por riba da cúpula de Monticello, no canto da súa posición habitual á dereita do edificio. Esa foi a primeira vez que apareceu sobre unha moeda a marca de ceca "P" da Ceca de Filadelfia, xa que nas emisións anteriores as moedas cuñadas en Filadelfia non amosaban marca ningunha. Pola súa banda, as cecas de Denver e San Francisco continuaron coas súas marcas propias, "D" e "S", respectivamente. Na emisión de 1946 retomouse a normalidade, polo que se as moedas volveron cuñarse en cuproníquel e as marcas de ceca volveron ao seu tamaño e á súa posición habituais —no caso de Filadelfia, volveu a carecer de marca—. Nun artigo publicado en 2000 por Mark A. Benvenuto en The Numismatist, suxeriuse que a cantidade de níquel que se aforrou co cambio durante aqueles anos non foi significativo para o esforzo de guerra, aínda que si que serviu como un recordatorio omnipresente dos sacrificios que se precisaron para acadar a vitoria final no conflito.Bowers, Q. D. (2007). Páxinas 146-148."Composition changes to win war". En Numismatic News. 9 de xaneiro de 2017.