Despedindo a Yang (en ) é un filme estadounidense de 2021 escrito, dirixido e editado por Kogonada. Está protagonizado por Colin Farrell, Jodie Turner-Smith, Justin H. Min, Malea Emma Tjandrawidjaja e Haley Lu Richardson. A trama segue os intentos dunha familia de reparar o seu fillo robótico, que non responde. O filme estreouse internacionalmente no Festival de Cannes o 8 de xullo de 2021, e estreouse o 4 de marzo de 2022 a través de A24 e Showtime. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

O 8 de outubro de 2022, estreouse en Amazon Prime Video unha versión subtitulada en galego.

Personaxes Colin Farrell como Jake Jodie Turner-Smith como Kyra Justin H. Min como Yang Malea Emma Tjandrawidjaja como Mika Ritchie Coster como Russ Sarita Choudhury como Cleo Clifton Collins Jr. como George Haley Lu Richardson como Ada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kogonada Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego