dereita|miniatura|300px|Penicos. Un penico, tamén chamado ouriñal ou bañado, é un recipiente de fondo plano e forma redonda gardado no dormitorio debaixo da cama e usado como baño pola noite (pero case exclusivamente para ouriñar). Tamén o empregan os nenos pequenos que xa non levan cueiros mais aínda non están afeitos ao uso do retrete. Os penicos poden ser de ferro, bronce, cerámica, porcelana, ágata e, máis recentemente, plástico. Case todos teñen unha asa.
Penicos históricos Un tipo peculiar de penico, o Bourdaloue, foi deseñado especificamente para o uso das mulleres. A forma alongada, rectangular ou ovalada do inodoro, ás veces coa parte frontal alta, permitía que a muller ouriñase de pé ou agachada sen moito risco, o que tamén contribuía a reducir a cantidade de roupa a lavar.
O nome "Bourdaloue" supostamente provén dun famoso sacerdote católico francés, Louis Bourdaloue (1632 – 1704), que pronunciou sermóns tan longos que as damas aristocráticas que o escoitaban colocaban discretamente debaixo da roupa para que puidesen ouriñar sen necesidade de ir fóra do lugar. Porén, é probable que isto sexa só unha lenda.
Os penicos mantivéronse de uso rutineiro (especialmente nas zonas rurais) ata mediados do século XX, cando o uso crecente de cuartos de baño con inodoros foi substituíndoos gradualmente. Nalgúns países, como a China (que ten unha gran poboación rural), aínda hoxe se atopan facilmente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jacques Daget, « Vases de nuit soudanais (Marka) », in Notes africaines, n °72, 1956, p. 116- 118 Pascal Dibie, Ethnologie de la chambre à coucher, Métailié, París, 2000, p. 117 Roger-Henri Guerrand, L'Europe des vases de nuit, Infolio éditions, Gollion (Suíza), 2007, 62 p.
Categoría:Obxectos Categoría:Hixiene