Kenneth Noland, nado en Asheville o 10 de abril de 1924, e finado o 5 de xaneiro de 2010, foi un pintor abstracto estadounidense, un dos máis importantes cultivadores do estilo color field.Cf. Roberta Smith, «Kenneth Noland, Color Field Artist, Is Dead at 85», en artsbeat.blogs.nytimes.com, 5-1-2010. Tamén, nos anos cincuenta, practicou o expresionismo abstracto, e nos anos sesenta, o minimalismo.
Traxectoria Entre 1946 e 1948, Noland asistiu a clases no Black Mountain College. Identifícase como un expresionista abstracto. Amigo de Morris Louis, ambos adoptaron a técnica de Helen Frankenthaler de deixar gotear a pintura acrílica sobre o lenzo.
Noland traballa con pintura acrílica aplicada directamente ao lenzo, creando obras cuxas cores brillantes xustapostas producen unha sensación de vibración óptica.
Os seus temas principais son círculos concéntricos, chevrons, rombos e longas listas paralelas, deixando a miúdo grandes espazos de lenzo en branco como parte integrante da composición.
Interésalle a adaptación das zonas coloreadas aos límites do marco do cadro.
En canto aos formatos das súas obras, destacan as diagonais e os enormes lenzos rectangulares a base de franxas de cor superpostas."Kenneth Noland." Contemporary Artists, 4ª ed. St. James Press, 1996. Biography Resource Center. Farmington Hills, Mich.: Thomson Gale. 2005 (Inglés)Kenneth Noland en a Artcyclopedia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Kenneth Noland
Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Pintores expresionistas