Soft Machine é unha banda inglesa de rock formada a mediados de 1966 en Canterbury por Robert Wyatt (batería, voces, 1966-1971), Kevin Ayers (baixo, guitarra, voces, 1966-1968), Daevid Allen (guitarra, 1966-1967), Mike Ratledge (órgano, 1966-1976) e Larry Nowlin (guitarra, 1966). Como un grupo fundamental na escena de Canterbury, a banda converteuse nun dos primeiros artistas británicos de música psicodélica, movéndose posteriormente cara ao rock progresivo e o jazz fusion. Polas súas cambiantes formacións pasaron músicos como Hugh Hopper (baixo, 1968-1973), Elton Dean (saxofón, 1969-1972),Sutcliffe, Phil (5 March 1991). "Where are they Now? Soft Machine". Q Magazine. 55: 33. e Andy Summers (guitarra, 1968), e no presente a banda está composta por John Marshall (batería), Fred Thelonious Baker (baixo), John Etheridge (guitarra), e Theo Travis (saxofón, frautas, teclados).
Aínda que conseguiron pouco éxito comercial, Soft Machine son considerados polos críticos moi influentes na música rock. Dave Lynch de AllMusic chamouna "unha das bandas máis influentes da súa época, e sen dúbida un dos grupos underground máis influentes". O grupo foi bautizado así pola novela The Soft Machine de William S. Burroughs.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Soft Machine1968ABC Probe, CPLPVolume Two1969ABC Probe, CPLPThird1970CBS, Columbia RecordsFourth1971CBS, Columbia RecordsFifth1972CBS, Columbia RecordsSix1973CBS, Columbia RecordsSeven1973CBS, Columbia RecordsBundles1975Harvest RecordsSofts1976Harvest RecordsLand of Cockayne1981EMIHidden Details2018MoonJune RecordsOther Doors2013MoonJune RecordsThirteen2016Dyad Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais do condado de Kent Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de jazz Categoría:Grupos musicais formados en 1966