Ernesto Lucena Barrero, nado en Bogotá en 1978, é un político, profesor universitario e antigo deportista colombiano, que foi ministro de deportes dende o 6 de setembro de 2019 ata o 14 de xullo de 2021.

Traxectoria Fillo do político Ernesto Lucena Quevedo e de Zayda Barrero, estudou no Colexio Nueva Granada de Bogotá, o máis caro do país, e despois fixo dereito na Universidade Sergio Arboleda. Entre 1999 e 2005 foi xogador de squash de alto rendemento, entre os seus logros salienta a medalla de ouro nos Xogos Deportivos Nacionais de 2004 . Foi profesor da Universidade Sergio Arboleda dende 2005 e decano da escola de dereito de 2008 a 2018.

O 19 de setembro de 2018 asumiu o cargo de director xeral de Coldeporte e froito do seu labor logrou a creación dun ministerio de deportese, xa que logo, asumiu a nova carteira o 16 de setembro de 2018 posto que mantivo ata a súa renuncia o 14 de xullo de 2021. So o seu guieiro estableceuse un programa de atención individualizada a 2000 nenos en todo o país e proxectos avanzados de desenvolvemento deportivo en diferentes especialidades. Tamén impulsou a expansión da liga profesional feminina de fútbol. Dende 2021 é decano da PRIME Business School da Universidade Sergio Arboleda.

Notas

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Ministros de Colombia Categoría:Xogadores de squash de Colombia Categoría:Alumnos da Universidade Sergio Arboleda