Cuartos de dólar Mulleres Americanas "American Women Quarter Program". Numista.com140x140pxAnverso comúnRetrato de perfil George Washington cara á dereita. Marcas de gravador (LGF) e de ceca. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST Datas: desde 2022. Cecas e marcas: Filadelfia (P), Denver (D). Deseño do anverso: Laura Gardin Fraser. Aliaxe: núcleo de cobre (Cu 100 %), forro de cuproníquel (Cu 91,67 % e Ni 8,33 %). Diámetro: 24,26 mm. Pesos: 5,67 g. Espesor: 1,75 mm. Canto: estriado.

Os cuartos de dólar Mulleres Americanas (en inglés American Women quarters) son unha serie de moedas con valor facial dun cuarto de dólar ou 25 centavos, emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos a partir de 2022.

Este programa da US Mint está dedicado a mulleres senlleiras na historia dos Estados Unidos, en conmemoración do centenario da décimo novena emenda da Constitución dese país.Gilkes, P. (2021). "Circulating Collectible Coin Redesign Act of 2020 signed by president". En Coin World. 15 de xaneiro de 2021.

O programa prevé a emisión de cinco moedas anualmente entre 2022 e 2025, cun total de 20 deseños, cada un dos cales estará dedicado a unha muller, á que se lle dedicará o reverso, en homenaxe ás súas contribucións aos Estados Unidos, en aspectos como o sufraxio, os dereitos civís, a abolición da escravitude, as humanidades, a ciencia ou as artes."R.1923 - Circulating Collectible Coin Redesign Act of 2020". Congress.gov Pola súa banda, o reverso continúa representando un busto de George Washington, mais nesta ocasión cun novo deseño, creado por Laura Gardin Fraser.Fischer, D.; Masto, C. C. "American women who shaped history are coming soon to quarters, just like George Washington". En USA Today. 14 de febreiro de 2021.

A serie de cuartos de dólar Mulleres Americanas foi autorizada pola Lei de Redeseño de Moedas Circulantes de Colección de 2020, promovida polos membros da Cámara de Representantes Barbara Lee e Anthony Gonzalez."As Part of Women's History Month, Reps. Lee & Gonzalez Lead Bipartisan Effort to Issue Quarters Honoring Prominent American Women ". Lee.house.gov. 28 de marzo de 2019."Gonzalez bill to honor American women on the quarter passes U.S. House of Representatives ". Anthonygonzalez.house.gov. 23 de setembro de 2020. A proposta inicial consistiu en 56 moedas, cada unha delas dedicada a unha muller dun estado e doutros territorios,Wattles, J. (2018). "Lawmakers push to put women on quarters ". En CNN Money. 15 de marzo. mais esta idea modificouse para acurtala no tempo, ante a pretensión de lanzar en 2026 unha serie de moedas en conmemoración do 250 aniversario dos Estados Unidos. Ademais, unha das cinco moedas desta nova serie terá tamén como protagonista a figura dunha muller.

O programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas sucede a anterior serie de cuartos de dólar America the Beautiful,"America the Beautiful Quarters Program ". United States Mint e será substituído no período 2027-2030 por outro dedicado aos deportes xuvenís.

Deseños

Anverso O retrato de George Washington creado por Laura Gardin Fraser, que fora presentado orixinariamente en 1931 como proposta para o anverso do cuarto de dólar Washington, foi o seleccionado pola Comisión de Belas Artes e polo Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos para aparecer nos anversos do programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas."American Women Quarters Program". United States Mint.Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril. Este retrato xa fora utilizado en 1999 para a moeda de ouro de 5 dólares conmemorativa do 200º aniversario da morte de George Washington.Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril."George Washington Commemorative Gold Five-Dollar". United States Mint.

Reversos O secretario do Tesouro dos Estados Unidos é o encargado da selección das mulleres estadounidenses homenaxeadas anualmente neste programa, en consulta con diferentes entidades, como son a Iniciativa de Historia das Mulleres Americanas —do Instituto Smithsoniano—, o Museo Nacional de Historia das Mulleres e o Grupo do Congreso para Asuntos da Muller.Pietsch, B. (2021). "Maya Angelou and Sally Ride Will Be Honored on Quarters". En The New York Times. 9 de maio.

AnoDeseño do reversoMullerDescriciónLanzamentoDeseño / gravadoTiraxes das moedas circulantesDenverFiladelfiaS. FranciscoTotal2022130x130px Maya Angelou."¼ Dollar ''Washington Quarter'' Maya Angelou". Numista.com"Maya Angelou Quarter". United States Mint.Angelou cos brazos en alto, cun paxaro en voo e un Sol nacente detrás.03/01/2022E. Damstra / C. Campbell258.200.000237.600.000303.480496.103.480130x130pxSally Ride."¼ Dollar ''Washington Quarter'' Dr. Sally Ride". Numista.com"Dr. Sally Ride Quarter". United States Mint.Ride nunha ventá dun transbordador espacial, coa Terra ao fondo.22/03/2022E. Hagler / P. Hemphill278.000.000275.200.000304.000553.504.000130x130pxWilma Mankiller."¼ Dollar ''Washington Quarter'' Wilma Mankiller". Numista.com"Wilma Mankiller Quarter". United States Mint.Maniker cun chal tradicional. Á esquerda, estrela cherokee.06/06/2022B. Sowars / P. Hemphill296.800.000310.000.000304.680607.104.680130x130pxNina Otero-Warren."¼ Dollar ''Washington Quarter'' Nina Otero-Warren". Numista.com"Nina Otero-Warren Quarter". United States Mint.Otero-Warren con tres flores de mandioca, a flor estatal de Novo México.15/08/2022C. Costello / C. Campbell219.200.000225.000.000305.560444.505.560130x130pxAnna May Wong."¼ Dollar ''Washington Quarter'' Anna May Wong". Numista.com"Anna May Wong Quarter". United States Mint.Retrato en primeiro plano coa cabeza apoiada na man, rodeada de luces brillantes.25/10/2022J. P. McGraw / E. Damstra240.800.000226.800.000303.080467.903.0802023130x130pxBessie Coleman."Bessie Coleman Quarter". United States Mnit."¼ Dollar "Washington Quarter" Bessie Coleman". Numista.comColeman disposta para voar.03/01/2023C. Costello / E. D. Custer317.200.000302.000.000—619.200.000130x130pxEdith Kanakaʻole."Edith Kanakaʻole Quarter". United States Mint."¼ Dollar "Washington Quarter" Edith Kanakaʻole". Numista.comEdith Kanakaʻole con elementos da paisaxe hawaiana.27/03/2023Emily Damstra / R. Gordon368.600.000372.800.000—741.400.000130x130pxEleanor Roosevelt."Eleanor Roosevelt Quarter". United States Mint." Dollar "Washington Quarter" Eleanor". Numista.comE. Roosevelr e a balanza da xustiza, co globo terráqueo ao fondo.05/06/2023D. Eveerhart / C. Campbell271.800.000284.000.000—555.800.000130x130pxJovita Idar."Jovita Idar Quarter". United States Mint"¼ Dollar "Washington Quarter" Jovita Idar". Numista.comRetrato de Jovita Idar. Na súa roupa, inscricións relativas á súa traxectoria.14/08/2023J. P. McGraw184.800.000190.600.000—378.600.000130x130pxMaria Tallchief."Maria Tallchief Quarter". United States Mint."¼ Dollar "Washington Quarter" Maria Tallchief". Numista.comTallchief nunha pose de ballet, iluminada por un foco.23/10/2023J. Menna / B. Sowards184.800.000185.800.000—370-600.0002024130x130pxPauli Murray."Reverend Dr. Pauli Murray Quarter". United States Mnit."25 Cents "Washington Quarter" Rev. Dr. Pauli". Numista.comRetrato de Murray dentro da palabra HOPE ("Esperanza").01/02/2024J. Menna / E. Damstra185.500.000168.400.000400.000354.200.000130x130pxPatsy Mink."The Honorable Patsy Takemoto Mink Quarter". United States Mnit."25 Cents "Washington Quarter" Patsy Takemoto Mink". Numista.comMink fronte ao Capitolio cunha lei na man.25/03/2024J. P. McGraw / B. Zaiken187.200.000210.200.000—397.400.000130x130pxMary Edwards Walker."Dr. Mary Edwards Walker Quarter". United States Mnit."25 Cents "Washington Quarter" Dr. Mary Edwards Walker". Numista.comEdwards coa súa Medalla de Honra.03/06/2024P. Hemphill159.400.000141.200.000—300.600.000130x130pxCelia Cruz."Celia Cruz Quarter". United States Mnit."25 Cents "Washington Quarter" Celia Cruz". Numista.comCelia cruz cun micrófono e o seu característico AZÚCAR!.12/08/2024P. Hemphill156.200.000149.600—305.800.000130x130pxZitkala-Ša."Zitkala-Ša Quarter". United States Mnit."25 Cents "Washington Quarter" Zitkala-Ša". Numista.comZitkala-Ša co traxe tradicional Dakota.21/10/2024R. Gordon / D. Everhart170.200.000152.600.000—322.800.0002025155x155pxIda B. Wells."25 Cents "Washington Quarter" Ida B. Wells". Numista.comIda B. Wells ollando cara ao futuro.04/02/2025E. Hagler / P. Hemphill————155x155pxJuliette Gordon Low.———————130x130pxVera Rubin.———————155x155pxStacey Milbern.———————155x155pxAlthea Gibson.———————

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Cuarto de dólar Washington Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

American Women Quarters (USMint.gov)

Categoría:Moedas dun cuarto de dólar estadounidense Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América