José Cafranga Costilla, nado en Salamanca o 15 de agosto de 1780 e finado en Madrid 31 de maio de 1854, foi un político español.

Ministro de Xustiza aconsellou a Fernando VII que renunciase á coroa en favor da súa dona e decretou un indulto e unha amnistía que permitiu o regreso a España de moitos liberais emigrados. Desconforme con Francisco Cea Bermúdez, dimitiu do seu cargo dous meses despois de tomar posesión del. Entón pasou a ser membro do Supremo Consello de Castela

Traxectoria

Licenciado en leis pola Universidade de Salamanca, casou en 1804 con Francisca de Pando e é destinado, en 1807, tras unha etapa docente, na Secretaría do Despacho de Graza e Xustiza. A súa postura anti-francesa fai que, tras a invasión napoleónica, deba exiliarse a Portugal. Á volta de Fernando VII acompaña ao marqués de Cerralbo en varias misións diplomáticas.

No Trienio liberal foi nomeado Superintendente do Montepío de Xuíces Letrados de Primeira Instancia, e despois Secretario do Consello de Ordes Militares. Tras a restauración fernandina, é designado primeiro Secretario de cámara de Graza e Xustiza e Real Patronato de Aragón durante 6 anos e, o 1 de outubro de 1832, secretario de Despacho de Graza e Xustiza en substitución de Francisco Tadeo Calomarde, cargo que ocuparía até o 14 de decembro. Nese posto apoia decididamente as teses da Raíña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e da súa filla Sabela, fronte ás dos partidarios de D. Carlos María Isidro de Borbón.

Foi despois Gobernador do Consello de Indias, Prócer do Reino nas Cortes e Senador en dúas lexislaturas, a de 1837 e a de 1845. A partir de 1845, foi senador vitalicio.

Véxase tamén Outros artigos Lista de presidentes de España.

Ligazóns externas

Ficha no Diccionario biográfico español.

Cafranga, Jose Cafranga, Jose Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca