Escoto refírese ao nome que os antigos romanos deron orixinalmente a unha tribo de colonos celtas da illa de Irlanda que devastaron a Bretaña romana. Estaban asentados nas Terras Altas Occidentais de Escocia e posteriormente estendéronse por toda Escocia durante os séculos IV e V, dando nome a esa nación. O seu nome foi substituído máis tarde polo termo "Gael", do celta Gaidheal/Gaedheal, que hoxe dá nome á súa lingua celta, o gaélico escocés.

As tribos bélicas dos escotos, xunto cos pictos e os misteriosos atticotti, causaron amplos problemas á administración romana da provincia da Britania, con violentas incursións. Cos romanos evacuando a illa e deixándoa nun estado de anomía e guerras endémicas, moitos escotos atopáronse co control das partes occidentais de Gran Bretaña, tras emigrar e colonizar as costas de Gales e Escocia.

Asentáronse a partir do s. VI na rexión occidental de Escocia onde formaron o reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos até que se fusionaron os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia, no 844.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Catelo Escocia Gaélico Gaels Gran Bretaña Illa de Irlanda Illas Británicas Pedra fadada Reino de Escocia Scotia

Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Historia de Escocia