Ígor Svyatoslavich, o Bravo (en antigo eslavo oriental: Игорь Святъславичь, Ígor Svjatŭslavičĭ; en , ; en , ; en lingua nórdica antiga: Ingvar Sveinaldsson), nado en Novogárdia Sevéria, o 3 de abril ou o 10 de abril de 1151 e finado na primavera de 1201 ou no 29 de decembro de 1202, foi un príncipe rus' (membro da dinastía Rurícovich).
Traxectoria e posteridade esquerda|miniatura|Monumento ao knez Ígor Svyatoslavich en Nóvgorod-Siversky. O seu nome de bautismo era Xurxo (Yuri). Igor foi o príncipe de Putivia (1164-1180), Nóvgorod-Siversky (principado de 1180 a 1198) e Chernikov (principado de 1198 a 1202).
A evidencia da crónica revela que tivo unha exitosa carreira militar; dirixiu moitas campañas contra os cumanos, das que as crónicas relatan só unha derrota. Pero foi a súa derrota no río Caiala (cuxa localización exacta nunca foi establecida definitivamente) a que se inmortalizou a través da súa interpretación literaria no Conto da campaña de Igor, a epopea máis famosa da historia rusa, e converteuse en épica nacional de Rusia, Belarús e Ucraína.
Notas
Véxase tamén
Knyaz Igor
Categoría:Dinastía Ruríkida Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Historia de Belarús Categoría:Monarcas ortodoxos