Ramón Elías Losada Fernández, nado en Chantada, foi un xastre e político galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Losada Vázquez e Teresa Fernández Veira. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Chantada como agrario en 1924.El Pueblo Gallego,14-2-1924, p. 6. Foi elixido vogal da directiva da Asociación Republicana de Chantada presidida por Daniel Vázquez Campo en 1930,O espírito republicano de Vázquez Campo bibliotecario en 1931,La Voz del Agro, 1-3-1931, p. 1. e presidente en 1935.Alborada, 25-8-1935, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1937 por 25.000 pesetasBOE, 17-4-1938, p. 6829.BOP Lugo, 23-11-1938, p. 2. e foron postos a poxa os seus bens;BOP Lugo, 20-8-1938, p. 2. foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.BOE, 9-4-1940, p. 1794.

Vida persoal Casou con Concepción Rodríguez Cervelo e foi pai de Ramón, María Teresa, María Pilar, Concepción, Segundo e María Luisa Losada Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Así se forxou o escudo

Categoría:Concelleiros de Chantada

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido