Roberto Fernández Álvarez, nado en Ourense en 1967, é un médico e escritor galego.
Traxectoria Aínda que naceu en Ourense, desde a infancia ata a mocidade viviu en Chantada, onde o seu pai Xilberto exercía de mestre. A súa nai Leonor era orixinaria de Maceda. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como médico de atención primaria en Allariz.
Con Enfermos pobres, médicos tristes gañou en 2017 o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. O xurado destacou “o tratamento” da figura do médico, esencial, na sanidade do medio rural, como a personificación da ciencia no mundo das crenzas tradicionais sobre a enfermidade”.
Coa miniatura|Presentando en Chantada (34/11/2023) A inmoral doutora Cons, acompañado de Luís González Tosar, Xosé Manuel Eyré e José Randolfe Vilariño primeira novela, A inmoral doutora Cons, gañou o XLI Premio Blanco Amor de Novela en 2022. A obra ambiéntase en Pazos de Arenteiro, nos anos cincuenta. O narrador testemuña, Nonato González “Golpe”, rememora a chegada ao pobo da doutora África Cons del Valle. O xurado "destacou a habilidade do autor para reconstruír un tempo pasado -a década dos 50 do século XX- e o retrato certeiro do rural galego, cun matiz ourensán, fronte á perspectiva dunha médica que chega de fóra e que loita con valentía para desbotar prexuízos instalados naquela sociedade, principalmente no eido sanitario".
Con A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega gañou en 2025 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. O xurado destacou deste ensaio: a "súa capacidade para achegarnos a un tema de innegable actualidade como é o da esperanza media de vida e a lonxevidade social, explicando estas realidades dende un fondo coñecemento médico especializado que afonda no bioquímico, na tecnoloxía dos alimentos e na vida saudable como guieiro procedimental mais sempre servíndose dunha prosa de calidade, fondamente discursiva e con pulo divulgativo".
Obra
Novela
A inmoral doutora Cons (2023). Allariz: Aira Editorial. 368 páxs. ISBN 978-84-126649-0-4.
Ensaio
Enfermos pobres, médicos tristes. Historia crítica da medicina rural en terras esquecidas (2017). Santiago: Urco Ed. 202 páxs. ISBN 978-84-942726-6-0. Achega a figura do médico rural. A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega (2026). Vigo: Galaxia. 149 páxs. ISBN 978-84-1176-618-0.
Premios
2017: XXI edición do premio Vicente Risco de ciencias sociais por Enfermos pobres, médicos tristes. 2022: XLI Premio de Novela Blanco-Amor por A inmoral doutora Cons. 2025: Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1967 Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela