Neuwied é unha cidade de Alemaña do Land de Renania-Palatinado. Forma parte do distrito de Neuwied, do que é a capital. Encóntrase a uns dez quilómetros ao noroeste de Coblenza.

Xeografía Situada a unha altitude media de 60 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 86,50 km². Segundo o censo do 31 de decembro de 2021, tiña unha poboación de 65 137 habitantes,Statistisches Landesamt Rheinland-Pfalz – Bevölkerungsstand 2021, Kreise, Gemeinden, Verbandsgemeinden. Consultado o 3 de decembro de 2022. cunha dendidade de poboación era de 753 hab./km².

Neuwied encóntrase na beira dereita do río Rin, moi cerca do Westerwald, no lugar no que o río Wied desemboca no Rin. A diferenza dos estreitos vales polos que discorre o Rin, a zona de Neuwied presenta vales máis anchos.

A cidade ten 13 distritos administrativos suburbanos:

Heimbach-Weis Gladbach Engers Oberbieber Niederbieber Torney Segendorf Altwied Block Irlich Feldkirchen Heddesdorf Rodenbach

Cada distrito ten un consello local e un alcalde ou alcaldesa. Heimbach-Weis, de gran tradición carnavaleira, é o máis grande deles e conta con aproximadamente 8000 habitantes.

Irmandamento A cidade de Neuwied está irmandada con: AlmeríaCiudades Hermanadas, Ayuntamiento de Almería, España. Consultado o 3 de decembro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Renania-Palatinado