Richard Carrel Ford, nado en Jackson, Mississippi, Estados Unidos o 16 de febreiro de 1944, é un escritor estadounidense.
Traxectoria
Familia e primeiros anos Fillo de Parker Carrel, vendedor ambulante de amidón, que morreu cando Ford tiña 16 anos e de Edna Ford. O seu avó, Ben Shelley, era o xerente do Marion Hotel en Little Rock . De neno, Ford pasou moitos veráns no hotel e lembra que as estadías lle permitiron entrar no mundo adulto, e que as observacións das relacións entre homes e mulleres iluminaron despois parte da súa obra literaria.
Ford padecía un certo grao de dislexia que parece que lle axudou a desenvolver un interese pola literatura.
De mozo traballou como socorrista no "Little Rock Country Club" e no ferrocarril de Arkansas como axudante de maquinista. Alistouse nos "marines" pero foi dado de alta por mor dunha hepatite.
Asistiu á Davis Elementary School en Jackson. En 1966 recibiu o título de Bachelor of Arts (BA) pola Universidade Estatal de Míchigan e en 1970 o MFA pola Universidade de California. Despois dunha breve etapa na facultade de dereito, comezou a escribir ficción e volveu a Little Rock para traballar como profesor adxunto na Central High School de Flint, Míchigan.
Con 23 anos, o 28 de marzo de 1968, casou con Kristina, unha antiga compañeira de escola. Kristina é licenciada en Filosofía e profesora na Universidade de Nova York. A parella, que non ten fillos, vive actualmente no barrio francés de Nova Orleans.
Carreira literaria En 1976 publicou a súa primeira novela " A Piece of My Heart" e en 1981 " The Ultimate Good Luck ". As malas vendas obrigárono a abandonar a ficción e pasou a traballar como reporteiro deportivo para a revista New York Inside Sports, pero en 1982 foi despedido e volveu á literatura con " The sportswriter " protagonizada por Frank Bascombe, que foi citada pola revista Time . como unha das cinco mellores novelas de 1986 e finalista do premio PEN/Faulkner.
Profesor Ademais da súa actividade xornalística e literaria, Ford desenvolveu unha ampla actividade académica como docente:
Universidade de Princeton (1980-1981) Universidade de Harvard (1994) Profesor no Bowdin College (2005) Profesor adxunto no Oscar Wilde Centre, Trinity College Dublin, ensinando escritura creativa ( 2008 ) Profesor de ficción na Universidade de Mississippi ( 2011 ) Escola de Artes da Universidade de Columbia ( 2012 )
Obras
1976: A Piece of My Heart 1981: The Ultimate Good Luck 1983: American Tropical 1986: The sportwriter 1987: Rock Springs 1990: Wildlife, 1991: Bright Angel 1992: Editor 1995: Independence Day 1997: Women with Men 1998: My Mother in Memory 2002: A Multitude of Sins 2006: The Lay of the Land 2012: Canada 2015: Let Me Be Frank With You 2017: Between Them: Remembering My Parents
Tamén recompilou contos de autores estadounidenses:
1990: American Short Stories 1992: The Granta Book of the American Short Story
Premios 1987: Academia Americana de Artes e Letras para a Literatura 1995: Premio Pulitzer de ficción 1996: Premio Pen/Faulkner de ficción 1994: Premio Rea ao relato curto 2013: Prix Femina Etranger e Medalla Andrew Carnegie á Excelencia por " Canadá " 2016: Premio Princesa de Asturias das Letras 2019: Premio da Biblioteca do Congreso á ficción estadounidense Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Michigan Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Membros da Academia Estadounidense das Artes e das Letras