A Facultade de Fisioterapia de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra, no campus da Xunqueira.

Historia A implantación dos estudos de Fisioterapia en Pontevedra foi autorizada en 1993 polo decreto 192/1993, do 29 de xullo, no seu artigo 20, no que aparecían integrados na tamén de nova creación facultade de Ciencias Sociais da cidade.

Con todo, a implantación da titulación de fisioterapia no Campus Universitario de Pontevedra fíxose finalmente efectiva en outubro de 1995, data na que empezaron as clases desta carreira universitaria na Facultade de Ciencias Sociais.

En 1998 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria creou polo decreto 346/1998, do 20 de novembro, no seu artigo 7, a Escola Universitaria de Fisioterapia de Pontevedra, segregando as ensinanzas de fisioterapia da facultade de Ciencias Sociais na que estiveran albergadas ata ese momento.. As clases pasaron a impartirse provisionalmente na Escola de Enxeñaría Forestal ata o ano 2000 en que foi inaugurado o novo edificio da facultade deseñado polo arquitecto José Ramón Rúa Rodríguez no campus da Xunqueira, que se convertería na súa sede definitiva.

En 2009 aprobouse un novo plan de estudos de grao e en 2011 a escola universitaria de Fisioterapia converteuse en facultade de Fisioterapia polo decreto 14/2011, do 3 de febreiro, como disposto no seu artigo segundo.

Titulacións Grao en Fisioterapia.

Como estudos de posgrao acolle o seguinte máster: Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, para o que se ofrecen 20 prazas. miniatura|215x215px|A facultade moi preto do parque da Illa das Esculturas.

Equipo decanal A decana da facultade é Mercedes Soto e a videdecana Iria da Cuña. A secretaria é Rocío Abalo.

Actividades A facultade ten convenios con distintos centros privados e co Servizo Galego de Saúde, para a realización do Prácticum Clínico. Tamén conta con acordos con diversos países europeos para acoller alumnos Erasmus, e mantén convenios con 6 universidades españolas e acordos puntuais con universidades iberoamericanas.

Cultura O patrón da facultade é santo Aquiles e a facultade celebra a súa festividade no mes de abril.

Alumnos que estudaron na facultade Teresa Portela Rivas Susana Rodríguez Gacio

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra Facultade de Comunicación de Pontevedra Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra

Ligazóns externas Páxina web da facultade

Categoría:Facultades en Pontevedra