Blood, Sweat & Tears (tamén coñecida como BS&T) é unha banda estadounidense de jazz rock fundada en Nova York en 1967 que destacou por unha combinación de metais con instrumentación rock. Ademais de tocar cancións orixinais, o grupo tamén ten interpretado temas populares de Laura Nyro, James Taylor, Carole King, The Band, The Rolling Stones, Billie Holiday e moitos outros. O grupo tamén adaptou música de Erik Satie, Thelonious Monk e Sergei Prokofiev nos seus arranxos.

BS&T pasou por numerosas iteracións con persoal variado e abarcou unha ampla gama de estilos musicais. O seu son fusiona rock, pop e R&B/Soul con big band, engadindo tamén ideas da música clásica e o jazz.

O grupo inspirouse no "brass-rock" de The Buckinghams e o seu produtor, James William Guercio, así como na orquestra de Maynard Ferguson. O éxito de BS&T foi paralelo ao de conxuntos configurados de xeito semellante, como Chicago e Electric Flag, pero a mediados da década dos 70, a popularidade do grupo xa disminuíra.Eder, Bruce (2007). "Blood, Sweat & Tears". VH1.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloChild Is Father to the Man1968Columbia RecordsBlood, Sweat & Tears1968Columbia RecordsBlood, Sweat & Tears 31970Columbia RecordsB, S & T 41971Columbia RecordsNew Blood1972Columbia RecordsNo Sweat1973Columbia RecordsMirror Image1974Columbia RecordsNew City1975Columbia RecordsMore Than Ever1976Columbia RecordsBrand New Day1977ABC RecordsNuclear Blues1980LAX/MCA Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais de jazz-rock Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de R&B Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 1967