Salva Kiir Mayardit, nado en Bahr al-Ghazal o 13 de setembro de 1951, é un político sursudanés, membro da etnia dinka e presidente de Sudán do Sur desde o 30 de xuño de 2005.

Traxectoria Membro fundador do Exército Popular de Liberación de Sudán (SPLA), foi elixido polos dirixentes do SPLA para continuar co proceso de paz que formalmente puxo fin á segunda guerra civil sudanesa en xaneiro de 2005. Do mesmo xeito que Garang, provén da tribo dinka, a máis numerosa no sur de Sudán, mais pertencente a un clan diferente.

Na década de 1960, Kiir uniuse aos rebeldes do sur na primeira guerra civil sudanesa.

Presidente do Goberno Autónomo Tras a morte de John Garang a finais de xullo de 2005, substituíuno como vicepresidente de Sudán (11 de agosto de 2005) e presidente do goberno autónomo de Sudán do Sur (o cargo de vicepresidente pasou a Riak Machar).

Cando se abriu o consello lexislativo de Sudán do Sur en Juba (setembro 2005) estivo presente e en outubro anunciou a formación dun goberno. En novembro produciuse unha escisión no SPLM pola disputa da presidencia do parlamento entre Minni Arkou Minnawi (que foi elixido) e Abdelwahid Mohamed en-Nour, e Kiir logrou un compromiso entre as dúas faccións. En decembro de 2005 asinou a constitución de Sudán do Sur.

Presidente da República Kiir foi reelixido presidente co 93 % dos votos nas eleccións sudanesas de 2010. Aínda que a votación tanto a nivel nacional como subnacional, foi criticada por activistas democráticos e observadores internacionais, a esmagadora marxe gañadora da reelección Kiir foi sinalada por algúns medios de comunicación como o "Primeiro Paso" no proceso de secesión de Sudán. Despois da súa reelección, Omar al-Bashir reelixiu a Kiir como o seu vicepresidente de acordo coa constitución provisional.

Tras o referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011, Kiir foi confirmado como o primeiro presidente do novo país.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Biografía de Salva Kiir por CIDOB (en español).

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados no Sudán do Sur Categoría:Políticos do Sudán do Sur Categoría:Presidentes do Sudán do Sur