O Diccionario geográfico-estatístico de España y Portugal é unha obra magna publicada por Sebastián Miñano Bedoya entre 1826 e 1829 e composta por dez volumes.
Crítica O xeógrafo Fermín Caballero criticou a Miñano polas carencias da obra. Entre outras deficiencias, criticaba que a principal fonte de información de Miñano seguían sendo, como en tempos de Filipe II (Relaciones topográficas), os curas párrocos «á cada uno de los cuales he escrito separadamente, pidiéndoles nociones ciertas y positivas de sus respectivos pueblos y de los inmediatos», e a quen agradece a súa axuda, ademais de ao director da Real Academia da Historia, Martín Fernández de Navarrete, e ao censor Juan Agustín Ceán Bermúdez.
Volumes Está organizado por orde alfabética en 10 volumes.
Tomo I (1826): Ababurreyro (A Baboreira, Buyaso, Eilao) - Barquero (ría do Barqueiro) Tomo II (1826): Barqueros (pedanía de Murcia) - Castro de Caldelas (O Castro de Caldelas) Tomo III (1826): Castro de Caldelas - Espanillo (lugar de Arganza, provincia de León) Tomo IV (1826): España - Hoceja (Oceja de Valdellorma, La Ercina) Tomo V: Hoceja (Oseja de Sajambre) - Membrive (Monte Membribe, Budia, provincia de Guadalaxara) Tomo VI (1827): Mena (Valle de Mena) - Pesqueiras (Chantada) Tomo VII (1828): Pesqueiras (Salvaterra de Miño) - San Juan de la Nava Tomo VIII (1827): San Juan de la Peña (mosteiro de San Juan de La Peña) - Toro Tomo IX (1828): Toro (El Toro, provincia de Castelló) - Villavicencio de los Caballeros Tomo X (1828): Villaviciosa - Zuzones
Véxase tamén
Outros artigos Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar Ligazóns externas Biblioteca Digital de Castilla y León - Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal ... (1826-1828) - Miñano y Bedoya, Sebastián (1779-1845)
Categoría:Enciclopedias en castelán Categoría:Xeografía de España