A lingua kott (kot) (en ) é unha lingua ieniseiana extinta que era empregada na Siberia central a beiras do río Mana, un afluente do río Ienisei, no sur do krai de Krasnoiarsk. Extinguiuse nos anos 1850s. Esta lingua está estreitamente relacionada coa ket, aínda falada ao longo do norte do río Yenisei. O assan, outra lingua próxima, é ás veces considerada un dialecto do kott.
En 1858, Matthias Castrén publicou un dicionario e unha gramática (Versuch einer jenissei-ostjakischen und kottischen Sprachlehre), que inclúe material do kott e do ket. Tamén existe un libro feito por G.K. Verner sobre a lingua kott.
Kott está influenciado polas linguas turcas, das que teñen algunhas palabras. Por exemplo, en kott baktîr- ‘loar’ vén do prototúrquico *paktïr ou kolá ‘cobre, latón’ vén do prototúrquico *kola. Así mesmo, os lingüistas tratan de relacionar as linguas ieniseianas cun grupo máis grande, conectándoas coas linguas na-dené, unha familia de linguas nativas americanas empregadas en Alasca, no oeste do Canadá e polo suroeste dos Estados Unidos, no que serían as linguas dené-ieniseianas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Kott basic lexicon at the Global Lexicostatistical Database
Categoría:Linguas ieniseianas Categoría:Linguas mortas de Asia