Xavier é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co catalán, co portugués e co francés. A súa orixe é o éuscaro exa (casa no dialecto navarro, etxe en batúa) e berri (nova). En galego tamén ten a variante Xabier.

En xaneiro de 2023 existían 475 varóns en Galicia co nome Xavier, cunha media de idade de 25 anos,Nome Xavier na Web do Instituto Galego de Estatística e 1.179 co nome Xabier, cunha media de idade de 19,9 anos.Nome Xabier na Web do Instituto Galego de Estatística

Uso do nome O nome adoptouno Francisco de Jasso do castelo de Xabierre, próximo a Pamplona. Pola súa importancia dentro da Igrexa católica o nome estendeuse por boa parte dos países de tradición católica.

Outras linguas Aragonés: ChabierEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Xabel, Xabiel Alemán: Xaver Asturiano: Xabel Castelán: Javier Catalán: Xavier Checo: Xaver Éuscaro: Xabier, Etxeberri Francés: Xavier Inglés: Xavier Italiano: Saverio Irlandés: Savy Latín: Xaverius Portugués: Xavier Polaco: Ksawery

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos vascos Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos cataláns Categoría:Nomes masculinos franceses Categoría:Nomes masculinos portugueses