Vuta N'Kuvute é un filme tanzano de 2021 dirixido por Amil Shivji. É un drama político tanzano sobre o amor e a resistencia ambientado nos últimos anos da colonia británica de Zanzíbar. Baséase na novela homónima de Adam Shafi. Vuta N'Kuvute é o segundo filme proposto por Tanzania, logo de 21 anos dende o primeiro, para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios. En novembro de 2022, foi galardoado co Tanit de Ouro, o maior premio do Festival de Cinema de Cartago, en Tunisia.
Sinopse Ambientado na década de 1950 en Zanzíbar, Vuta N'Kuvute está ambientada durante o movemento para conseguir a independencia de Zanzíbar, daquela un protectorado británico. Denge, un mozo loitador pola liberdade adestrado na Unión Soviética, distribúe panfletos "Zanzíbar libre" e recruta xente para a causa. Unha das súas recrutas é Yasmin, unha noiva fuxida dunha familia privilexiada de clase alta india zanzíbara. Namórase de Denge e comprométese co movemento independentista.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Tanzania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes de Tanzania