Robert Ellsworth Pollard Jr., nado o 31 de outubro de 1957, é un cantante e compositor estadounidense coñecido por ser o líder e a forza creativa detrás do grupo de indie rock Guided by Voices. Ademais do seu traballo coa banda ten tamén unha prolífica carreira en solitario con 22 álbums editados ata a data.

Con preto de 3 000 cancións rexistradas ao seu nome con BMI, Pollard está entre os compositores máis prolíficos do seu tempo. No ano 2006 a revista Paste listouno o 78º mellor compositor vivo. En 2007 foi nomeado ao Shortlist Music Prize.

Notas

Categoría:Nados en Dayton, Ohio Categoría:Nados en 1957 Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América