Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Xeografía O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.Concello de Muíños, Símbolos

Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños Decreto 316/1997, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Muíños a Mugueimes (DOG nº 221, 14.11.1997). No decreto explican que a casa consistorial xa estaba situada neste lugar, "desde hai moitos anos", pero sen especificar data..

Demografía

Censo Total 1.622 (2014) Menores de 15 anos 77 (4.75 %) Entre 15 e 64 anos 867 (53.45 %) Maiores de 65 anos 678 (41,8 %)

Turismo Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.

A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.

Patrimonio O inventario do patrimonio histórico e artístico do concello aparece indicado no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991. Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5 Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas ) Anta Casiña da Moura Anta Casota do Foxo

Castros: Castro de Taboadela (Barxés) Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes) Castro de San Pedro de Muíños (Muíños) Castro de Santa María do Castro (Guntumil)

A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.

Muíños na literatura popular A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños.. As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47. Santa Baia das Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños.. Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.. O que queira vir, que veña,/ quen queira correr, que corra,/ pra botar un ventureiro/ na festa da Clamadoira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. O ventoreiro é un tipo de baile semellante á muiñeira. A festa da Clamadoira celébrase o 8 de xullo (segundo Xaquín Lorenzo) e existe unha ermida da Clamadoira en Muíños, próximo ó encoro das Conchas..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Muíños Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Chega de Bois

Ligazóns externas Web do concello

Categoría:Muíños