, nado o 22 de maio de 1933 en Minhou e finado o 19 de marzo de 1996 en Pequín, foi un matemático chinés que fixo importantes contribucións á teoría de números.

Vida persoal Chen foi o terceiro fillo dunha familia numerosa de Fuzhou, Fujian, China. O seu pai era carteiro. Chen Jingrun graduouse no Departamento de Matemáticas da Universidade de Xiamen en 1953. O seu asesor na Academia Chinesa das Ciencias foi Hua Luogeng.

Investigación O seu traballo sobre os números primos xemelgos, o problema de Waring, a conxectura de Goldbach e a conxectura de Legendre conduciu ao progreso da teoría analítica de números. Nun artigo de 1966 demostrou o que agora se chama o teorema de Chen: cada número par suficientemente grande pode ser escrito como a suma dun número primo e un semiprimo (o produto de dous primos), por exemplo: 100 = 23 + 7x11.

Homenaxes miniatura|Estatua de Chen na Universidade de Xiamen. O asteroide 7681 Chenjingrun leva o seu nome.

En 1999, China emitiu un selo postal de 80 céntimos denominado O mellor resultado da conxectura de Goldbach, cunha silueta de Chen e a desigualdade:

Varias estatuas na China foron construídas en memoria de Chen. Na Universidade de Xiamen, os nomes de Chen e doutros catro matemáticos (Peter Gustav Lejeune Dirichlet, Matti Jutila, Yuri Linnik e Pan Chengdong) están inscritos nunha lápida de mármore detrás da estatua de Chen.

Véxase tamén Ligazóns externas Pan Chengdong e Wang Yuan, Chen Jingrun: a brief outline of his life and works, Acta Math. Sinica (NS) 12 (1996) 225–233.

Categoría:Matemáticos da China Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1996