José Francisco Córdoba, máis coñecido como José Córdoba, Chivi ou o pornoautor, nado en Madrid o 13 de xaneiro de 1977, é un cantautor español de letras satíricas.

Traxectoria José Francisco Córdoba, máis coñecido como Chivi (pornoautor), é un cantautor saído da escola dos Calasancios en Madrid (España). Naceu o 13 de xaneiro de 1977 na cidade de Madrid. Dende moi novo, seguiu a obra dos grandes cantautores da época e baixo o seu influxo, empezou a compoñer as súas primeiras cancións en 1995. Aquelas letras das súas orixes eran moi diferentes ás de hoxe en día; falaban de amor, desamor e as súas vivencias de adolescente.

En 2004 compón e edita a canción "Trenes para el cielo" en homenaxe ás vítimas do 11-M.

Chivi chega ao cume do seu éxito e edita o disco Spanish Psycho, o 22 de novembro de 2005, baixo o selo El Diablo!. É o seu primeiro disco distribuído a grande escala no que conta coa colaboración de músicos como Joaquín Carbonell ou Despistaos. Neste disco José incluíu cancións cunha linguaxe máis coidada e menos ofensiva centrándose na calidade musical e no ton de humor sen necesidade de recorrer a groserías en exceso. Exemplo disto son os temas "Spanish Psycho" (sendo a súa primeira canción emitida en radio), "Mi princesa" ou "Cuando quiero llorar".

En 2008 José decide dar fin á súa personaxe Chivi para retomar o seu estilo orixinal e publica o disco Estado natural, firmado xa como José Córdoba e no que as súas letras adquiren un ton máis maduro.

Polémica Chivi causou polémica na blog de David Bravo por un artigo escrito o 4 de agosto de 2007 no que se recollen unhas sorprendentes declaracións contraditorias sobre a piratería a través de redes P2P, xa que se declaraba abertamente en contra do intercambio de ficheiros ou a promoción por Internet cando en declaracións anteriores manifestárase completamente a favor.

O 7 de agosto de 2007 el mesmo desvelou que esas declaracións foron feitas co único propósito de negar a autoría de cancións que se lle atribuiran erroneamente, tales como "Negros de mierda" ou "Me cago en esos putos rumanos", que, polo seu forte contido racista, prexudicaban a súa imaxe.

Discografía Como Chivi Grandes fracasos (1996) Radikal (1997) Nuevo catecismo (1998) De cantautor a pornoautor (1999) Verdades como puños (2002) Sin pelos en la lengua (2003) Spanish Psycho (2005)

Como José Córdoba Estado natural (2008)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Cantautores Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1977