Juan Rufo Gutiérrez nado en Córdoba, 1547 circa e finado ibídem en 1620, foi un escritor e militar español, da coroa de Castela.

Traxectoria Era fillo dun tintoreiro de apelido Rofos. De mozo refuxiouse en Portugal por ter cometido algunhas irregularidades administrativas. Cambiou o apelido por Gutiérrez Rufo, variando o apelido do seu pai. Viviu en Toledo e Sevilla, Madrid e Nápoles. Tivo unha mocidade rebelde e aventureira, perdeu o seu tempo de estudante en Salamanca, sufriu varias detencións e tivo que loitar polas súas débedas de xogo. Con 21 anos alistouse no exército de Don Xoán de Austria e en 1568 participou na campaña militar contra a revolta dos mouriscos en Granada e posteriormente na batalla de Lepanto. A raíz destas experiencias militares, escribiu o seu poema épico La Austríada, poema de pouco valor artístico e principalmente descritivo sobre as guerras de Granada e a batalla de Lepanto, onde celebra as fazañas do seu príncipe. Non obstante, a obra foi eloxiada por Cervantes que, no escrutinio da Biblioteca do Quixote, foi considerado como un dos tres mellores poemas de cabalería casteláns e un dos máis ricos tesouros da poesía de España. Son de maior interese Las seiscientas máximas, enxeñosas meditacións moralistas en forma proverbial e anecdótica.

Notas

Véxase tamén

Epopea Poeta de guerra

Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Finados en 1620 Categoría:Militares de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca