miniatura|210px|Un prato de soba con nameko Pholiota nameko, ás veces coñecida como Pholiota microspora, e comunmente como ,VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración. (PDF) Santiago de Compostela: Termigal. Xunta de Galicia/Real Academia Galega. ISBN 978-84-4535-056-0. é un fungo basidiomiceto da subdivisión dos agaromicotinos, clase dos agaromicetos, orde dos agaricais e familia das estrofariáceas,Pholiota nameko (T.Itô) S.Ito & S.Imai no GBIF. Consultado o 25 de decembro de 2022.Pholiota nameko (T. Itô) S. Ito & S. Imai na BioLib. Consultada o 25 de decembro de 2022. unha das numerosas integradas no xénero Pholiota.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1933 polo botánico xaponés Tokutarô Itô, nun traballo publicado en: T. Itô, S. Ito & S. Imai (1933): Bot. Mag. (Tokyo) 47: 388.Pholiota nameko (T. Itô) S. Ito & S. Imai 1933 en Biota of New Zealand. Consultada o 25 de decembro de 2022.
Sinómimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Collybia nameko T. Itô (protónimo) Kuehneromyces nameko (T. Itô) S. Ito
Características
É un cogomelo pequeno, cun chapeu de cor apardazada ou alaranxada e recuberto dunha fina película de textura xelatinosa. O seu pé é longo e delgado, de cor máis clara, cun anel amarelado na parte superior.
Usos
Úsase como ingrediente na sopa de miso e no nabemono.
É un dos cogomelos cultivados máis populares no Xapón. Ten un sabor doce e lixeiro a noz e adoita consumirse en salteados.
Na China, onde tamén é moi popular, é coñecido como .
Así mesmo e tamén moi consumido en Rusia, onde é coñecido como "ou-pyo-nok" (опёнок), en plural "ou-pya-ta" (опята).What is a Nameko Mushroom?, WiseGEEK.com
Galería
Notas
Categoría:Strophariaceae Categoría:Fungos descritos en 1933