José Salgado Codesido, nado en Melide en 1887 e finado en Grobas o 8 de outubro de 1953, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1910.El Eco de Santiago, 8-6-1910, p. 2. Foi médico municipal de Melide.El Eco de Santiago, 3-5-1913, p. 2. Propietario de varios muíños eléctricos na parroquia de Branzá e do salto hidroeléctrico Montefurado en Viñós. Na ditadura de Primo de Rivera foi membro da Unión Patriótica e deputado provincial dende 1926.El Ideal Gallego, 1-7-1926, p. 1. En 1930 foi elixido vogal da Cámara da Propiedade Rústica da provincia da Coruña.El Eco de Santiago, 25-1-1930, p. 2. Na República foi dirixente da Unión Regional de Derechas de Melide, da que era presidente en xaneiro de 1936.La Voz de Galicia, 29-1-1936, p. 2. A principios de xullo de 1936 foi vítima dun atentado, ao estalar unha bomba na súa casa de Grobas, sen que se producise ningún ferido.La Voz de la Verdad, 15-7-1936, p. 5. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Viana do Castelo, onde agardou acontecementos, regresando a Arzúa en 1937. Finou en Grobas o 8 de outubro de 1953.El Ideal Gallego, 9-10-1953, p. 8.

Vida persoal Casou con Manuela Rodríguez Cotón, que finou en 1937, e foi pai de Pilar, José, Concepción, Leandro e Manuel Salgado Rodríguez.El Ideal Gallego, 4-1-1938, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Concelleiros de Arzúa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1887 Categoría:finados en 1953