Mariestad é un concello sueco no condado de Västra Götaland. A súa capital é Mariestad. En decembro do ano 2024 o muncicipio tiña unha poboación de 24 583 habitantes.

O concello de Mariestad está na beira oriental do lago Vänern e ten uns 140 quilómetros de costa. O amplo mar interior e o arquipélago coas súas 22 000 illas, illotes e cons dan ao municipio un carácter único.

A parte continental do municipio caracterízase por áreas chas, ricas en sedimentos e cultivadas ao longo do val do río Tidan e na localidade de Lugnås.

Xeografía O concello está situado no nordés do landskap de Västergötland, na ribeira leste do lago Vänern co arquipélago de Torsö. O municipio de Mariestad limita ao nordés co de Gullspång, ao leste co de Töreboda, ao sur co de Skövde e ao oeste co concello de Götene. Ao noroeste ten límite marítimo co municipio de Säffle, no condado de Värmland.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland