Raúl Rafael Juliá y Arcelay coñecido como Raúl Juliá , ás veces escrito en inglés sen acentos gráficos, nado o 9 de marzo de 1940 e finado o 24 de outubro de 1994, foi un actor de cine, televisión, teatro, voz e radio portorriqueño.

Traxectoria

Primeiros anos Juliá naceu o 9 de marzo de 1940 en San Juan, Porto Rico e criouse na cidade de Nova York. Estudou na Universidade de Fordham e no Colegio San Ignacio de Loyola.

Carreira Coñecido polo seu papel de Gómez Addams en The Addams Family e en Addams Family Values. O seu derradeiro papel foi interpretando ao activista Chico Mendes, nun filme xunto á actriz Sônia Braga. Gañou un Globo de Ouro e un Screen Actors Guild Award en 1994 e un Emmy Award póstumo en 1995. Foi nomeado un dos mellores actores que nunca estiveron nomeados a un Oscar. En recoñecemento ao seu amplo impacto a favor dos dereitos humanos, a National Endowment for the Hispanic Arts ofrece anualmente o Premio Raúl Juliá á Excelencia recibido entre outros pola actriz Sandra Bullock.Donna Shor, Around Town , Washington Life Magazine, novembro de 2002. Consultado o 29-08-2008.

Traballo humanitario miniatura|Juliá en xuño de 1984|esquerda Durante a súa vida, Juliá continuou coa labor solidaria realizada polos seus pais durante a súa infancia, dedicándose a actividades sociais e educativas. As súas contribucións foron recoñecidas cunha invitación para unirse ao New York Council for the Humanities.Cruz et al., p. 104 Gran parte do traballo benéfico de Juliá centrouse na mocidade en risco, a comunidade latinoamericana e as artes, patrocinou programas de escritura de guións nos institutos e apoiou a actores novos.Cruz et al., p. 98 Para promover outros artistas latinoamericanos, Juliá prestou activamente o seu apoio á Organización Hispana de Actores Latinos (HOLA, polas siglas en inglés) e cofundou Visiones Luminosas.Cruz et al., p. 100 Juliá colaborou con cineastas independentes de Porto Rico actuando nas súas producións gratuitamente ou recibindo un salario reducido.Cruz et al., p. 105 Juliá tamén promoveu a aceptación e cooperación interracial como membro de Racial Harmony e serviu como presidente da Joseph Papp Celebrity Coalition for Racial Harmony.Cruz et al., p. 107

Como parte do seu traballo para The Hunger Project, Juliá fixo doazóns mensuais a un banco de alimentos.Cruz et al., p. 95 Tamén promoveu o programa en televisión e radio, exerceu de narrador de vídeos bilingües sobre o Proxecto e participou en múltiples galas benéficas en nome da organización. En 1994, o goberno do Salvador recoñeceuno polo seu activismo polos Dereitos humanos.Cruz et al. , páx. 96 Durante a súa visita ao país, visitou a tumba de Romero, describindo posteriormente a súa experiencia nunha peza publicada en Freedom Review.

Vida persoal Juliá estivo casado con Magda Vasallo desde 1965 até que se divorciaron en 1969. Despois estivo casado con Merel Poloway desde 1976 ata a súa morte en 1994.

Pasamento Juliá morreu o 24 de outubro de 1994 dun cancro de estómago e dun ictus en Manhasset, Nova York, aos 54 anos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Raúl Juliá - Fundación Nacional para la Cultura Popular (prpop.org ; en castelán) Raúl Juliá - EnciclopediaPR (en castelán) Premio por la Excelencia Raúl Juliá 2010 (laprensani.com ; en castelán)

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de radio Categoría:Finados por accidente cerebrovascular Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados en 1940