Batman é un filme norteamericano de 1989 baseado na saga de banda deseñada Batman de Bob Kane. É o primeiro dunha serie de catro filmes, dirixido por Tim Burton e con Michael Keaton como Bruce Wayne/Batman e Jack Nicholson como The Joker. Envolto nunha atmosfera escura e gótica como os cómics do Batman de Frank Miller ou Alan Moore foi un éxito comercial. No filme nárrase como Batman comenza a súa carreira contra o crime en Gotham, cidade que está preparando as celebracións do seu 200 aniversario e que temía un aumento da violencia.
Sinopse A escura e perigosa cidade de Gotham tan só está protexida polo seu corrupto corpo de policía. A pesar dos esforzos do fiscal do distrito Harvey Dent e o comisionado de policía Jim Gordon, a cidade é cada vez máis insegura ata que aparece Batman. A reputada xornalista Vicky Vale intentará descubrir o segredo que se agocha trala capa do home morcego.
Personaxes miniatura|esquerda|Michael Keaton en 2002. Michael Keaton como Batman/Bruce Wayne Jack Nicholson como Jack Napier/Joker Kim Basinger como Vicki Vale Robert Wuhl como Alexander Knox Pat Hingle como Commisionado Gordon Billy Dee Williams como Harvey Dent Michael Gough como Alfred Jack Palance como Grissom Jerry Hall como Alicia Tracey Walter como Bob the Goon Lee Wallace como o Alcalde William Hootkins como o tenente Eckhardt
Galardóns e nomeamentos 1989: Oscar: Mellor dirección artística.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de PolyGram Filmed Entertainment Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego