Oskarshamn é un concello sueco no condado de Kalmar. A súa capital é a cidade de Oskarshamn. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 26 923 habitantes.
Gran parte do concello está formada por unha zona de leito rochoso chan e inclinado, pero que no extremo norte transfórmase nunha paisaxe de val de fractura. O interior do municipio está cuberta de morena e de bosques de coníferas, con elementos de bosques de caducifolias. O municipio inclúe o arquipélago de Oskarshamn cunhas 6 000 illas. O concello ten unha longa tradición industrial e o porto de Oskarshamn tamén foi importante para a actividade económica local.
Xeografía O concello de Oskarshamn atópase no leste da provincia histórica de Småland a carón do estreito de Kalmar. O municipio limita ao oeste con Hultsfred, ao suroeste con Högsby, ao sur con Mönsterås, ao norte con Västervik e ao nordoeste con Vimmerby.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kalmar