Os Lugares de convictos australianos son un Patrimonio da Humanidade composto por 11 sitios penais remanentes construídos orixinalmente dentro do Imperio Británico durante os séculos XVIII e XIX nas fértiles franxas costeiras de Australia en Sidney, Tasmania, Illa Norfolk e Fremantle, agora representa "... os mellores exemplos superviventes de desterro de convictos a grande escala e a expansión colonial das potencias europeas mediante a presenza e o traballo de condenados."
Todas estas propiedades incluíronse individualmente na Lista do Patrimonio Nacional Australiano antes da súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial.
Os preparativos comezaron en 1995 e en xaneiro de 2008 fíxose un nomeamento como Patrimonio da Humanidade. Ese intento fracasou, e posteriormente reelaborouse o nomeamento.
Sitios penais incluídos thumb|upright=1.2|Un equipo de convictos abrindo novos camiños - Port Arthur
Os 11 sitios penais que constitúen o patrimonio da Humanidade de sitios australianos de presidios son:
Código Nome Zona Extensión Coordenadas 1306-00 Área histórica de Kingston e Arthur's Vale Illa Norfolk Zona de protección: 225 ha. 1306-001 Antiga Casa de Goberno en Parramatta Nova Gales do Sur Zona de protección: 37,25 ha.Zona de respecto: 29,03 ha. 1306-002 Cuarteis de Hyde Park Nova Gales do Sur Zona de protección: 0,5 ha. 1306-003 Terreos de Brickendon e Woolmers Tasmania Zona de protección: 233,52 ha.Zona de respecto: 322,08 ha. 1306-004 Centro de liberdade condicional de Darlington Tasmania Zona de protección: 361 ha.Zona de respecto: 1968,28 ha. 1306-005 Antiga grande estrada do norte Nova Gales do Sur Zona de protección: 258,64 ha. 1306-006 Prisión feminina de Cascades Tasmania Zona de protección: 0,6 ha.Zona de respecto: 7,09 ha. 1306-007 Sitio histórico de Port Arthur Tasmania Zona de protección: 146 ha.Zona de respecto: 1216,51 ha. 1306-008 Sitio histórico das Minas de Carbón Tasmania Zona de protección: 214 ha.Zona de respecto: 138,47 ha. 1306-009 Sitio de presidio da Illa Cockatoo Nova Gales do Sur Zona de protección: 20 ha.Zona de respecto: 47,22 ha. 1306-010 Prisión de Fremantle Australia Occidental
Criterios de listaxe
Dos máis de 3.000 lugares penais que quedan en Australia, os 11 que constitúen os lugares de presidios australianos foron seleccionados como os exemplos preeminentes da era mundial dos convictos que satisfacían os criterios de selección IV e VI do Patrimonio Mundial, como segue:
Criterios de selección do Patrimonio MundialCriterio númeroDescriciónCitaciónCriterio IV Conxunto de edificios/arquitectura, etc., que ilustran etapas significativas da historia da humanidade "un exemplo excepcional do migración forzosa dos condenados, unha etapa importante da historia da humanidade."Criterio VI Asociado directa ou tanxiblemente con acontecementos, etc., de destacada significación universal "un exemplo extraordinario de ideas e desenvolvementos globais asociados co castigo e a reforma dos elementos criminais da humanidade durante a idade da Ilustración e a idade moderna."
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Australia