Alla Shulimovna Kushnir (; ), nada en Moscova o 11 de agosto de 1941 e finada en Tel Aviv o 2 de agosto de 2013, foi unha xadrecista israelí. Emigrou da URSS a Israel en 1974. A FIDE outorgoulle os títulos de Mestra Internacional Feminina en 1962 e Gran Mestra Feminina en 1976. En 2017 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez. Traxectoria Kushnir foi tres veces seguidas campioa do Mundial Feminino de Xadrez. Perdeu a loita polo título ante Nona Gaprindashvili:

+3 –7 =3 en Riga 1965 +2 –6 =5 en Tbilisi–Moscova 1969 +4 –5 =7 en Riga 1972

No Torneo de Candidatos de 1964 en Sukhumi empatou nos tres primeiros postos con Milunka Lazarević e Tatiana Zatulovskaia. Gañou en Beberjik en 1967, así como o Torneo de Candidatos dese ano en Subotica, e foi subcampioa en Belgrado en 1968. Empatou con Nikolau polo 1º e o 2º posto en Sinaia en 1969, e con Vobralova polo 2º e o 3º posto en Wijk aan Zee en 1971. Volveu gañar en Belgrado e en Moscova en 1971 e en Vrnjačka Banja en 1973, ficou en 3º lugar en Voronezh en 1973 (detrás de Zatulovskaia e Saunina), e gañou o Interzonal de 1976 en Roosendaal xunto con Akhmilovskaia.

Kushnir gañou tres veces as Olimpíadas de Xadrez Feminino. En Lublin 1969 e en Skopje 1972 fíxoo como membro do equipo soviético, e en ambas ocasións obtivo os mellores resultados da 2ª rolda. En Haifa 1976 gañou como xogadora do equipo israelí, co mellor resultado da 1ª rolda.

Finou en 2013 en Tel Aviv, nove días antes de facer os 72 anos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Xudeus en Sports bio Obituario (WhyChess.com), con fotografía especial

Categoría:Personalidades do xudaísmo de Israel Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en 1941 Categoría:Xadrecistas