Joseph Antoine Marie Hubert Luns, nado en Róterdam, Países Baixos, en 1911 e finado en Bruxelas, Bélxica, en 2002, foi un político holandés, ministro de Asuntos Exteriores no seu país e secretario xeral da OTAN entre 1971 e 1984.

Traxectoria

Formación Estudou xurisprudencia na Universidade de Ámsterdam e Leiden, e máis tarde aumentou os seus estudos na London School of Economics e na Universidade de Berlín.

Funcionario e diplomático En 1938 obtivo unha praza de funcionario no Ministerio de Asuntos Exteriores, pero durante a Segunda guerra mundial traballou no goberno holandés no exilio en Londres, así como como diplomático dos aliados en Suíza, Portugal e o Reino Unido.

Actividade política Entre 1933 e 1936 foi membro do Partido Nacional Socialista dos Países Baixos (Nationaal-Socialistische Beweging in Nederland, NSB), partido con tendencias nazis pero que aínda non falaba abertamente do seu posterior antisemitismo.

Entre 1949 e 1952 foi o representante do seu país na Organización das Nacións Unidas con sede en Nova York.

Máis tarde foi membro do Partido Popular Católico ( Katholieke Volkspartij, KVP) e en 1956 foi nomeado Ministro de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou até 1971, baixo os sucesivos gobernos de Willem Drees, Louis Beel, Jan de Quay, Victor Marijnen, Jo Cals, Jelle Zijlstra e Piet de Jong. Durante os seus mandatos negouse a entregar a Nova Guinea Occidental, a parte occidental da illa de Nova Guinea baixo mandato neerlandés, ás autoridades indonesias até que se viu obrigado a facer esta entrega pola administración do presidente estadounidense John F. Kennedy.

En 1967 foi galardoado co Premio Internacional Carlomagno, concedido pola cidade de Aquisgrán, polos seus esforzos a favor da unidade europea. Dous anos despois foi o home máis popular do seu país segundo unha enquisa.

Asinante no lado holandés do Tratado de Roma que marcou a fundación da Comunidade Económica Europea (CEE), bloqueou posteriormente varios intentos de Charles de Gaulle e Konrad Adenauer de crear unha unión política por temor a crear un "condominio europeo franco-alemán".

Secretario Xeral da OTAN En outubro de 1971, foi nomeado quinto secretario xeral da OTAN, en substitución do italiano Manlio Brosio. Durante a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da OTAN avogou por un rearme europeo a grande escala mediante a instalación de mísiles de cruceiro para facer fronte ao bloque do leste.

O seu apoio explícito á política colonial do portugués Antonio de Oliveira Salazar nas colonias de Mozambique e Angola valeulle as críticas de moitos países africanos, pero ao mesmo tempo recibiu o apoio dos Estados Unidos de América. En decembro de 2022, documentos desclasificados do Servizo Nacional de Seguridade neerlandés (BVD) sobre obxectivos de investigación entre 1948 e 1998, mostraron que Luns rompeu o embargo de armas ao goberno salazarista do Estado Novo.

Cargos públicosPrecedido por:Jan Willem BeyenMinistro de Asuntos Estranxeiros1956–1971Sucedido por:Norbert SchmelzerPrecedido por:Manlio BrosioSecretario xeral da OTAN30x30px|Bandeira da OTAN1971–1984Sucedido por:Peter Carington

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografia a la pàgina del Parlament neerlandès Premi Internacional Carlemany

Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Alumnos da Universidade de Amsterdam Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Secretarios Xerais da OTAN Categoría:Ministros dos Países Baixos Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Rotterdam