miniatura|María Victoria Moreno, exemplo de escritora alófona. En sociolingüística e sociodemografía, un alófono é aquela persoa que, residindo habitualmente nun territorio determinado, ten como primeira lingua unha distinta á lingua ou linguas oficiais. Este termo nunca se aplica ás persoas nativas. No Canadá, por exemplo, unha persoa alófona é unha canadense cuxa lingua materna non é o inglés e o francés, as dúas linguas oficiais.

Orixe do termo O termo é inicialmente un termo propio do Quebec (en francés: quebecisme), pero desde entón adoptouse en Bélxica (particularmente en Bruxelas), na administración (ministerios de educación, do interior etc.) e noutros países multilingües de fala francesa.

Etimoloxía Formado por "alo-" (termo de orixe grega que aparece na formación de palabras co significado de "diferente" ou "outro", de distinta natureza) e "-fono" (termo de orixe grega que aparece na formación de palabras relacionadas co son): define a calquera persoa que fale unha lingua diferente á da maioría.

Persoas alófonas en Francia En Francia, o termo alófono utilízase cada vez máis para caracterizar aos migrantes de países non francófonos, que están en situación de aprender francés como lingua estranxeira ou segunda lingua. O ministerio de educación francés adoptou este termo para caracterizar aos nenos e nenas recentemente chegados a Francia e que falan unha ou incluso varias linguas distintas do francés. Así o reflite a creación dos centros académicos para a escolarización dos nenos alófonos recentemente chegados e nenos de familias itinerantes e de persoas viaxeiras (en francés: Centres Académiques pour la Scolarisation des enfants allophones Nouvellement Arrivés et des enfants issus de familles itinérantes et de Voyageurs, CASNAV), que estabelecen dous tipos de medidas para estes nenos e nenas alófonas: UPE2A (Secundaria e Bacharelato): Unidade pedagóxica para alumnado alófono recentemente chegado (en francés: Unité Pédagogique pour Élèves Allophones nouvellement Arrivés). OEPR: Abrindo a escola aos pais e nais para o éxito dos fillos e fillas, dirixíndose ás familias alófonas recentemente chegadas (en francés: Ouvrir l'École aux Parents pour la Réussite des Enfants, s'adressant aux familles allophones nouvellement arrivées).

Persoas alófonas no Canadá miniatura|Mapa lingüístico da provincia de Ontario sen algúns dos municipios do norte (Fonte: Statistics Canada, censo de 2006) As persoas alófonas representan aproximadamente o 20% da poboación canadense.

Quebec As persoas alófonas constitúen unha porcentaxe importante da poboación do Quebec. De feito, as persoas alófonas representan a principal fonte de crecemento da poboación, debido ao aumento da inmigración, a baixada da natalidade entre a poboación anglófona e francófona do Quebec e o desprazamento da migración dos países anglófonos para Asia e América. En 1971, as persoas alófonas representaban 6,6 % da poboación no Quebec e ao redor de 2001, esta porcentaxe aumentara ao 10 %. De 1996 a 2001, os novos inmigrantes cuxa lingua materna era o árabe, o español ou o crioulo haitiano experimentaron o maior crecemento demográfico.

Ademais, aumentou o número de persoas alófonas que falan francés na casa. De feito, informouse de que aproximadamente o 20,4 % das persoas alófonas falaba francés con máis frecuencia na casa en 2001, fronte ao 16,6 % en 1996 e o 15.4 % en 1991. En xeral, pódese dicir que as persoas alófonas do Quebec adoptan principalmente o francés como lingua da vida pública. En materia de educación, pódese dicir que a maioría dos estudantes alófonos do Quebec asisten ás escolas francesas.

A maioría das persoas alófonas viven en Montreal, a cidade máis grande do Quebec. Por outra banda, a tendencia foi a de abandonar a provincia do Quebec. Entre 1996 e 2001, máis de 19.170 persoas alófonas saíron do Quebec para estabelecerse noutras provincias, incluíndo 18.810 en Ontario .

Ontario As persoas alófonas representan aproximadamente o 24,2% da poboación de Ontario, o que orienta a provincia cara ao multilingüismo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Xesús (1994). Poetas alófonos en lingua galega. Editorial Galaxia, Vigo. Outros artigos Interferencia lingüística Linguas do mundo Multilingüísmo

Categoría:Sociolingüística