A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é o organismo responsábel do porto de Marín. Ten a súa sede no parque Cantodarea de Marín desde 2010. Antes de ter a denominación actual foi coñecida como Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra ata 1992 e tivo desde 1933 a súa sede na avenida pontevedresa das Corvaceiras, no porto de Pontevedra, no edificio do Gremio de Mareantes.
É unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal: Puertos del Estado. A maioría das infraestruturas portuarias dedícanse ao transporte marítimo e pesca. Á parte do dominio público hai tamén unha parte dedicada aos estaleiros.
Presidencia A presidencia da Autoridade Portuaria de Marín-Ría de Pontevedra é designada pola Xunta de Galicia. O seu actual presidente, desde 2009, é José Benito Suárez Costa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Porto de Marín Ligazóns externas Páxina web da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra
Categoría:Portos de Galicia Categoría:Marín Categoría:Pontevedra