A capela de San Bieito da Uceira é unha construción relixiosa situada na parroquia de Sandiás, dedicada a Bieito de Nursia.

Romaría

Cada luns de Pascua e os segundos domingos de xullo celébrase unha romaría. Bieito de Nursia é un santo considerado milagreiro, especialmente avogoso para as verrugas, que ten moito predicamento entre os veciños da comarca da Limia e dos arredores. A tradición conta que había unhas muletas na ermida pertencentes a un home que veu con elas ofrecidas ó santo e ó volver xa non as necesitou máis. A tradición esixe que se pase un pano polas zonas do santo onde se padeza o mal (por exemplo, os ollos), e logo polas zonas equivalentes da persoa. Tamén se entende que os presuntos poderes do santo se reforzan coa compra dun exvoto de cera. Notas

Categoría:Sandiás Uceira