Os cleroideos (Cleroidea) son unha pequena superfamilia de escaravellos que contén 10 000 especies.

Descrición Os Cleroidea defínense polas seguintes características: adultos e larvas con ausencia de mola mandibular, larvas con proceso mandibular basal (lacinia mobilis), e mala con setas pedunculadas.

Algúns cleroideos, especialmente os da familia Cleridae e a subfamilia melírida Malachiinae, teñen unha rechamante coloración aposemática para disuadir aos depredadores. Imitan a aparencia doutros artrópodos que son incomestibles para os predadores, como varios escaravellos (meloidos, crisomélidos, lícidos), himenópteros que pican (formigas e Mutillidae), avelaíñas Zygaenidae e moscas taquínidas.

Hai variacións no grao de esclerotización dentro de Cleroidea. Algúns son escaravellos de corpo duro con élitros completamente esclerotizacos que se axustan á forma do abdome (Trogossitidae, Lophocateridae, Peltidae). A liñaxe melírida (un grupo que comprende os Melyridae e outras familias) e dúas pequenas familias Phloiophilidae e Acanthocnemidae teñen corpos bastante brandos. Os Cleridae teñen unha dureza corporal intermedia.

Bioloxía

Os cleroideos poden dividirse en tres grandes grupos baseándose nos alimentos que comen:

Os Cleridae e a maioría dos Trogossitinae (Trogossitidae) son predadores e os seus adultos adoitan ser diúrnos. Os da liñáxe melírida son comedores de pole ou néctar e tamén teñen adultos diúrnos. Moitos dos restantes Trogossitidae e moitas familias menores son comedores de fungos. Os seus adultos son máis crípticos ou nocturnos que os grupos anteriores, e viven en codias, madeira podre ou en corpos frutíferos de fungos.

Na superfamilia tamén se poden atopar outros estilos de vida. Phycosecidae comen animais mortos nas costas mariñas ao descuberto, mentres que Acanthocnemus nigricans (a única especie dos Acanthocnemidae) vese atraída pola madeira recentemente queimada.

Taxonomía

As familias que inclúe son: Acanthocnemidae Crowson, 1964 Biphyllidae LeConte, 1861 †Boleopsidae Kirejtshuk & Nel, 2013 Byturidae Gistel, 1848 Chaetosomatidae Crowson, 1952 (incl. Metaxinidae) Cleridae Latreille, 1802 Lophocateridae Crowson, 1964 Mauroniscidae Majer, 1995 Melyridae Leach, 1815 (incluíndo os anteriores Attalomimidae, Malachiidae e Dasytidae) Peltidae Latreille, 1806 Phloiophilidae Kiesenwetter, 1863 Phycosecidae Crowson, 1952 Prionoceridae Lacordaire, 1857 Protopeltidae Crowson, 1966 Rentoniidae Crowson, 1966 Rhadalidae LeConte, 1861 (incl. Gietellidae) Thanerocleridae Chapin, 1924 Thymalidae Léveillé, 1888 Trogossitidae Latreille, 1802

A liñaxe melírida consta de Phycosecidae, Rhadalidae, Mauroniscidae, Prionoceridae e Melyridae.

A maioría das especies pertencen ás familias Cleridae e Melyridae, seguidos dos Trogossitidae.

Xéneros extinguidos

† Juraniscus Kolibáč e Huang, 2019 - atopado en Daohugou, China en depósitos do Xurásico medio, considerado parte da liñaxe melírida.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Cleroidea de Tree of Life Enoclerus quadriguttatus Fotos diagnósticas e información.