Os Archostemata son a suborde máis pequena dos escaravellos, que consta de 45 especies vivas clasificadas en cinco familias.HÖRNSCHEMEYER, T. (2009), The species‐level phylogeny of archostematan beetles—where do Micromalthus debilis and Crowsoniella relicta belong?. Systematic Entomology, 34: 533-558. doi:10.1111/j.1365-3113.2009.00476.x Son unha antiga liñaxe con varias características primitivas. As antenas poden ser de forma filiforme ou como unha cadea de doas (moniliformes). Esta suborde tamén contén os únicos escaravellos nos que ambos os sexos son pedoxénicos, os da especie Micromalthus debilis. Os escaravellos Archostemata modernos son considerados raros, pero eran máis diversos durante o Mesozoico. Algúns autores usan o termo "Archostemata" nun senso máis amplo para incluír os Archostomata modernos xunto cun grupo troncal (stem-group) de escaravellos como os "protocoleópteros", aos que algúns Archostemata modernos lembran moito debido ás súas morfoloxías plesiomórficas. As investigacións xenéticas suxiren que os modernos Archostemata son un grupo monofilético. Algúns estudos xenéticos recuperaron os Archostemata como grupo irmán de Myxophaga.
Taxonomía
Hai cinco familias vivas: Familia Crowsoniellidae Iablokoff-Khnzorian, 1983 Familia Cupedidae Laporte, 1838 Familia Micromalthidae Barber, 1913 Familia Ommatidae Sharp e Muir, 1912 Familia Jurodidae Ponomarenko, 1985
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Tree of Life - Archostemata