Os hidroscáfidos (Hydroscaphidae) son unha pequena familia de escaravellos acuáticos. En 2010, había 23 especies incluídas nesta familia. Describíronse algunhas mais recentemente.
Son escaravellos pequenos, a maioría de menos de 2 mm de lonxitude. Son de cor marrón ou torrado e teñen élitros acurtados, que deixan varios terxitos do extremo do abdome expostos. O abdome vaise estreitando progresivamente bastante. As ás están abeiradas de longas setas. As larvas son fusiformes, cun amplo tórax e un abdome que se vai estreitando.
Viven en alfombras de algas cubertas cunha fina capa de auga corrente. Estas alfombras poden ser as algas acumuladas que cobren xusto as beiras dunha corrente de auga. Toleran un amplo rango de temperaturas; observáronse en fontes termais e en escorrentías de neves de fusión xeadas. A súa fonte de alimento son as algas.
O seu ciclo reprodutor non se coñece ben. Polo menos nunha das especies a femia pon un só ovo grande sobre as alfombras de algas.
Atopáronse especies de hidroscáfidos en todos os continentes menos na Antártida.
Xéneros:
Hydroscapha LeConte, 1874 Scaphydra Reichardt, 1973 Yara Reichardt & Hinton, 1976
Confossa Short, Joly, García & Maddison, 2015
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Hydroscaphidae. Tree of Life.
Categoría:Myxophaga