Dolores de los Milagros Casal Devesa, artisticamente coñecida como "Mela Casal", nada en Rodiño Grande (Sergude, Boqueixón) en 1948, é unha actriz galega.
Traxectoria Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutra serie de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007.
En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar. Entre as súas incursións en cine cabe destacar a súa participación en títulos como Sei quen es, de Patricia Ferreira Mañá, en 2000, O lapis do carpinteiro de Antón Reixa en 2003 e O ano da carracha, de Jorge Coira, en 2004, así como varias curtametraxes.
Nos últimos anos participou en producións galegas coma a película Pradolongo (2008) ou o telefilme O club da calceta (2009).
Estivo nomeada ó Premio Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2008 pola súa interpretación de Sofía en A vida por diante. Tamén conta cunha grande experiencia teatral.
Cine Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal. Huidos (1993), de Sancho Gracia. O párroco embaucado (1994), de José Carlos Soler (curtametraxe) Contos de Alentraia: Tornabón (1994), de Jorge Coira e José Carlos Soler. Como Meiga. A metade da vida (1994), de Raúl Veiga. A todo tren (1995), de Liida Mosquera (curtametraxe). Cando volvas ó meu lado (1999), de Gracia Querejeta. Como Clienta. Sei quen es (2001), de Patricia Ferreira Mañá. Como Encargada hemeroteca. Inútil (2001), de Paco Rañal. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Lavandeiro. O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Nai de Fran. Voarei lonxe (2005), de Belén Vidal (curtametraxe). Adeus edrada? (2005), de Rubén Riós. Pradolongo (2008), de Ignacio Vilar. Como Maruxa. Conexão (2009), de Leonel Vieira. O club da calceta (2009), de Antón Dobao. Vilamor (2008), de Ignacio Vilar. Como Anuncia. Sinbad (2011), de Antón Dobao. Como Aurora. A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.Como Nonó. Little Galicia (2015), de Alber Ponte. The Rebel (2018), de Óscar Doviso. Como Margaret Pearse. A illa das mentiras (2020), de Paula Cons. Como Julia. María Solinha (2020), de Ignacio Vilar. Como Palmira. Cuñados (2021), de Toño López. Como Aurelia. A mazá dourada (2022), de Jaime Chávarri. Como Federica. Amigos hasta la muerte (2023), de Javier Veiga. Como doutora Escrigas. +Cuñados (2024), de Luis Avilés. Como Aurelia.
Televisión Unha de romanos (1989), de Xaime Fandiño. Luar (1992). Como Socorrito. Pratos combinados (1997). Como clienta. Nada es para siempre (1999-2000), de Emilio McGregor e outros. Como Profesora Chacón. Mareas vivas (1998-2001), de Antón Reixa e Eduardo McGregor. Como Alcaldesa Celia Rei. Terra de Miranda (2001-2002). Como Eladia. As leis de Celavella (2004). A vida por diante (2006-2007), de Carlos Sedes. Como Sofía Fornas. Padre Casares (2009). Como Asunción. Mar libre (2010). Como María. Escoba! (2011-2014). Como Antonia. Fariña (2018), Antena 3. Como nai de Sito Miñanco. A desorde que deixas (2020). Como nai de Viruca. Un asunto privado (2022). Como monxa. El caso Asunta (2024). Como madriña.
Teatro Estima (2003), da compañía Pífano.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2006Mellor actriz protagonistaA vida por dianteNomeada2007Mellor actriz protagonistaA vida por dianteNomeada2009Mellor actriz secundariaConexiónNomeada2010Mellor actriz secundariaMar libreNomeada2011Mellor actriz secundariaSinbadNomeada2014Mellor actriz secundariaA esmorgaNomeada2018Premio de Honra Fernando ReyGañadora
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mela Casal en AVG de Culturagalega.org
Categoría:Actores de Boqueixón Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1948 Categoría:Premio de Honra Fernando Rey Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes