miniatura| Edición do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa pola Academia Brasileira de Letras, que foi organizada por Houaiss. Antônio Houaiss, nado no Río de Xaneiro no 15 de outubro de 1915 e finado ibídem no 7 de marzo de 1999, foi un destacado intelectual brasileiro - filólogo, crítico literario, tradutor, diplomático, enciclopedista e ministro de Cultura do Brasil no goberno de Itamar Franco.

Houaiss era o quinto de sete fillos dunha parella de inmigrantes libaneses, Habib Assad Houaiss e Malvina Farjalla, radicados no Río de Xaneiro. Aos dezaseis anos comezou a ensinar portugués, actividade que desenvolveu ao longo da súa vida.

Autor de dezanove libros, Houaiss organizou e elaborou dúas das enciclopedias máis importantes xamais feitas no Brasil, a Delta-Larousse e a Mirador Internacional. Publicou dous dicionarios bilingües inglés-portugués, organizou a primeira edición do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa (VOLP), pola Academia Brasileira de Letras. Entre os seus traballos de tradución destaca a novela Ulises, de James Joyce . Ocupou varios cargos importantes como presidente da Academia Brasileira das Letras, ministro de Cultura no goberno do presidente Itamar Franco e membro da Academia das Ciencias de Lisboa. A revista Veja mesmo o definiu como o "maior estudoso das palabras en lingua portuguesa dos tempos modernos".

En febreiro de 1986 iniciou o proxecto do Gran Dicionário Houaiss da lingua portuguesa, a súa obra mestra. Houbo unha interrupción de cinco anos, por falta de recursos económicos, desde 1992 até marzo de 1997, cando fundou o Instituto Antônio Houaiss de Lexicografía e Banco de Datos da Lingua Portuguesa S/C Ltda, con Francisco Manoel de Mello Franco e Mauro de Salles Villar. Antônio Houaiss morreu o 7 de marzo de 1999 e o traballo lexicográfico foi rematado polo Instituto en decembro de 2000. O Gran Dicionario Houaiss da lingua portuguesa saíu á luz en 2001.

Pronunciación do nome Houaiss Segundo fontes brasileiras e portuguesas, o apelido Houaiss pronúnciase, en portugués, "uáiss " - ou, en representación técnica, [/ 'wajs /] ou [/ u'ajs /], no Internacional Alfabeto Fonético. O apelido, de orixe libanesa, escríbese no Brasil de diferentes xeitos, dende as formas portuguesas Uais ou Huais, até a forma francesa Houaiss. O seu segundo apelido, Assad, está relacionado coa familia Assad de Siria, como Bashar al-Assad, e pronunciase igual.

40x40px Academia Brasileira de Letras Houaiss foi o quinto ocupante do asento número 17 da Academia Brasileira das Letras, elixido o 1 de abril de 1971, sucedendo a Álvaro Lins. Recibiuna o académico Afonso Arinos de Melo Franco o 27 de agosto de 1971, e recibiu aos académicos Antonio Callado e Sérgio Paulo Rouanet.

Acordo ortográfico de 1990 O maior logro acadado por Houaiss foi o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1990, no que combinou as súas dúas carreiras —a de diplomático, membro do servizo exterior brasileiro e a de lingüista —, e que se dirixiu ao seu punto de vista internacional-esquerdista, criticado entre outros por Paulo Francis, un dos ideólogos da dereita brasileira.

Obras VELOSO, Verônica. Antônio Houaiss. En: DE ABREU, Alzira Alves et al (coords.). Dicionário Histórico-Biográfico Brasileiro – Pós-1930. Río de Xaneiro: CPDOC, 2010. Dispoñíbel en: <http://www.fgv.br/cpdoc/acervo/dicionarios/verbete-biografico/houaiss-antonio>. Consultado en agosto de 2020.

ANTONIO Houaiss. En: DICIONÁRIO de tradutores literários no Brasil - DITRA. Universidade Federal de Santa Catarina. Dispoñíbel en: Consultado en agosto de 2020.

Traducións

O negro na literatura brasileira, de Raymond S. Sayers (1958). Ulisses, tradución do Ulyses de James Joyce (1966). Os arcanos maiores da poesia surrealista e sua exaltação, seleción de José Pierre e Jean Shuster (1988).

Traballos orixinais, organizados e colaborativos

Tentativa de descrição do sistema vocálico do português culto na área carioca: dialectologia e ortofonia (1959). Crítica avulsa (1960). Seis poetas e um problema (1960). Sugestões para uma política da língua (1960). Introdução filológica às Memórias póstumas de Brás Cubas (1961). Novo dicionário Barsa das línguas inglesa e portuguesa (1964). Elementos de bibliologia (1967). Grande enciclopédia Delta Larousse (1970). Editoração hoje (1975). Enciclopédia Mirador Internacional (1976). Drummond mais seis poetas e um problema (1976). A defesa (1979). Estudos vários sobre palavras, livros e autores (1979). Pequeno dicionário enciclopédico Koogan Larousse (1979). The Exitus dictionary of the English and Portuguese languages (1979). Vocabulário ortográfico da língua portuguesa – VOLP (1981). Webster’s dicionário inglês-português (1982). A crise de nossa língua de cultura (1983). Brasil–URSS: 40 anos do estabelecimento de relações diplomáticas (1985). O português no Brasil – pequena enciclopédia da cultura brasileira (1985). Receitas rápidas (1985). A cerveja e seus mistérios (1986). Perfil do pensamento brasileiro (1988). Brasil: o fracasso do conservadorismo (1989). O que é língua? (1990). A nova ortografia da língua portuguesa (1991). Socialismo: vida, morte e ressurreição (1993). A modernidade do Brasil: conciliação ou ruptura? (1995). Grande dicionário Houaiss da língua portuguesa (póstumo, 2001). Notas

Ligazóns externas

Categoría:Brasileiros de ascendencia libanesa Categoría:Tradutores do Brasil Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en 1915 Categoría:Socialistas Categoría:Críticos literarios Categoría:Políticos do Brasil