Byrrhoidea (birroideos) é unha superfamilia de escaravellos da infraorde Elateriformia que inclúe varias familias que son acuáticas ou están asociadas a hábitats semiacuáticos. Á parte dos escaravellos acuáticos da superfamilia Hydrophiloidea, a maioría dos demais escaravellos Polyphaga que son acuáticos, pertencen a esta familia.

Descrición

Os adultos de moitos Byrrhoidea teñen ollos de exocono (con lentes corneanas expandidas). A beira anterior do escudo escutelar elévase abruptamente (excepto en Psephenidae e Cneoglossidae). Varios birroideos teñen as tres primeiras ventritas abdominais solidamente fusionadas entre si.

As larvas da maioría dos Limnichidae teñen un par de ganchos anais no 10º segmento abdominal, mentres que Cneoglossidae e Ptilodactylidae teñen tres ou máis ganchos a cada lado deste segmento. As larvas de Lutrochidae e Elmidae, así como o xénero de limníquidos Hyphalus, teñen copetes branquiais anais. Case todas as larvas birroides teñen espiráculos abdominais anteriores que son biforos (ou bilabiados).

O grao de desenvolvemento alar varía entre os Byrrhoidea, polo que podemos atopar na superfamilia macropteria (ás totalmente desenvolvidas), braquipteria (ás reducidas), micropteria (ás reducidas a pequenas vestixios) e apteria (sen ás). Na familia Elmidae, a subfamilia Larainae ten só ás macrópteras, mentres que outros tipos alares son comúns na subfamilia Elminae. Dentro da familia Dryopidae, os xéneros con adultos acuáticos ou semiacuáticos son case sempre macrópteros, mentres que os xéneros con adultos terrestres son casxe sempre ápteros e o xénero subterráneo Stygoparnus é micróptero.

Ecoloxía

Os Byrrhoidea viven principalmente en hábitats acuáticos e semiacuáticos, como correntes frías rápidas, baiixo rochas e troncos en fluxos de auga, vexetación das ribeiras e rochas, vexetación emerxente da auga, solos húmidos e costas areentas. Os Dryopidae son notables porque aínda que os adultos viven na auga ou preto dela, as larvas adoitan ser terrestres.

Os Byrrhoidea son xeralmente herbívoros, alimentándose de algas, musgos, hepáticas, liques ou raíces de herbas.

Filoxenia

Os Byrrhoidea no seu estado actual poderían non ser monofiléticos. Atopouse en múltiples estudos que os Buprestoidea deberían aniñarse dentro deles. Filoxenias recentes separaron o grupo Dryopoidea, incluíndo Dryopidae, Elmidae, Limnichidae, Heteroceridae, Chelonariidae, Eulichadidae, Callirphidae, Ptilodactylidae e a familia extinguida Mastigocoleidae., e algunhas filoxenias consideran que o grupo está máis estreitamente relacionado con Elateroidea que con Byrhhidae.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Elateriformia