Luis García-Rey, nado en Vigo en 1981, é un xornalista deportivo e escritor galego. Traxectoria Xornalista deportivo, comezou a traballar na radio, na cadea COPE, retransmitindo os partidos do Celta de Vigo. Desde principios da década de 2010 presentou a edición de fin de semana de Deportes Cuatro, e tamén nesa cadea un programa nocturno de debate sobre deportes centrado en fútbol chamado El desmarque, ao tempo que continúa a participar en faladoiros deportivos da COPE.

Tamén dá clase na Universidade Villanueva de Madrid.

En 2023 presentou a súa primeira novela, Axel, un drama policial ambientado en Vigo e Madrid. Como escritor recoñécese debedor de Domingo Villar. En 2024 publicou Loor ("¿Cuando empezamos a morir?), tamén protagonizada polo policía Axel Nash. En 2026 publica Chantaje dando continuidade á saga que protagonizan o axente Axel Nash e a xa, subinspectora Lorena Galván, alias Loor.

Vida persoal Vive en Madrid.

Obra miniatura|Presentación de Axel en Bueu con Irene Junquera, acto da Libraría Miranda, xullo 2023Axel (2023). Madrid: Espasa. ISBN 9788467067590. Loor (2024). Madrid: Espasa. 592 páxs. ISBN 9788467073065. Chantaje (2026). Madrid: Espasa. 488 páxs. ISBN 9788467081886.

Premios

Premio Primavera de Novela 2024 por Loor, dotado con 100.000 €.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores de novela negra