A igrexa de Santa Sofía (, Sveta Sophia) é unha igrexa situada en Sofía, Bulgaria. O nome da cidade tomou o da igrexa no século XIV.
Historia esquerda|miniatura|Lateral da igrexa Neste lugar atopábase a necrópole romana da ciadade de Serdica e un teatro romano. A fundación da igrexa remóntase ao século VI coa construción da igrexa primitiva sobre a localización doutras dúas igrexas anteriores ao século IV. Ao longo dos séculos, construíronse outras igrexas, que foron derruidas por forzas invasoras coma os godos e os hunos. A estrutura actual de planta basilical, con dúas torres e unha cúpula, parece ser a quinta estrutura do lugar, construída durante o reinado do emperador bizantino Xustiniano I a redor do século VI. Considérase, polo tanto, unha versión moderna da Santa Sofía de Istambul.
Durante o Segundo Imperio Búlgaro (séculos XII ao XIV) a igrexa foi sede do bispado, tomando nesta época a cidade o nome do monasterioː Sofía. No século XVI, durante a época otomá, a igrexa converteuse en mesquitaː os frescos orixinais dos século XII foron derruidos e engadíronse minaretes. No século XIX, dous terremotos derruiron un dos minaretes e a mesquita foi abandonada. A restauración comezou despois do 1900.
No exterior da igrexa atópase o Monumento ao Soldado Descoñecido en honra aos soldados falecidos na primeira guerra mundial."Света София". Българска енциклопедия А-Я (in Bulgarian). БАН, Труд, Сирма. 2002. ISBN 954-8104-08-3. OCLC 163361648.
Características esquerda|miniatura|Interior: vista da nave A igrexa de Santa Sofía é un dos mellores exemplos de arquitecura paleocristiá no sueste de Europa. O edificio actual ten planta cruciforme con tres altares. O chan da igrexa está cuberto con ornamentos paleocristiás e mosaicos de fauna e flora. A igrexa atópase situada sobre unha necrópole antiga e atoparonse varias tumbas ao redor e dentro da igrexa. Algunhas delas incluso contiñan frescos orixinais.
Debido a que Santa Sofía representa a santa sabedoría, no interior hai iconas representando a Sofía e a Cristo Emmanuel, unha figura dun xove Cristo sentado sobre un arco da vella. A igrexa tamén alberga iconas de santos históricos, como San Xurxo ou San Vladimir.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fotografías históricas da igrexa
Categoría:Igrexas de Bulgaria Categoría: Sofía