Brontispa longissima é unha especie de escaravello crisomélido que se alimenta das follas novas e dana as plántulas e cocos maduros das Arecaceae (coqueiros), polo que se lle adoita chamar escaravello do coqueiro.ASEAN IPM Fact Sheet Estase convertendo nun problema cada vez máis grave como praga dos coqueiros en varias rexións do Pacífico e Índico, especialmente nas últimas décadas.
Características Os ovos están inseridos entre as follas, miden 1,4 mm de longo ou menos e fan eclosión en 2-4 días. A fase larval dura 36 días e as larvas chegan a medrar ata os 8-10 mm e aliméntanse das follas causando danos. A pupa aparece nas partes secas das follas e mide 9-10 mm de longo e en 6 días dela emerxe o adulto. O adulto pode vivir ata 90 días e mide ata 10 mm de longo ; pode realizar curtos voos que serven para que a especie se espalle. Tanto a larva coma o adulto son destrutivos e causan danos na superficie das follas novas, facilitando ademais a entrada de patóxenos.
Como praga A área afectada por esta praga inclúe países como Indonesia, illas Salomón, Vietnam, Nauru, Camboxa, Laos, Tailandia, Maldivas, Myanmar, illa de Hainan e illas Aru e máis recentemente as Filipinas.
No Xapón a presenza deste escaravello foi detectada na illa de Okinawa en 1978. A especie espallouse a outras illas da prefectura de Okinawa. Á illa de Ishigaki chegou en 1982 e ás de Miyako, Iriomote e Yonaguni en 1984. TAKANO, S.-i., TAKASU, K., FUSHIMI, T., ICHIKI, R.T. and NAKAMURA, S. (2012), Life history traits and damage potential of an invasive pest Brontispa longissima (Coleoptera: Chrysomelidae) on Satakentia liukiuensis. Entomological Science, 15: 238-245. https://doi.org/10.1111/j.1479-8298.2011.00506.x
En setembro de 2007 a Manila metropolitana e 26 provincias das Filipinas foron postas en corentena debido a ser infestadas con esta praga, para así tentar salvar a industria dos coqueiros das Filipinas, que produce 800 millóns de dólares ao ano.
As medidas de control aplicadas inclúen o uso de pesticidas e axentes de control biolóxicos como as avespas parasitas, como por exemplo, Asecodes hispinarum.
Hai outro escaravello que é unha praga similar e que pertence a un xénero relacionado, o Plesispa reichei, ao que tamén se lle chama ás veces escaravello do coqueiro e como é moi parecido distínguese con dificultade de B. longissima; a principal distinción é que ten un corpo máis ancho e unha puntuación de pintas máis forte, con diferenzas tamén en antenas e padrón dos élitros.
Notas
Categoría:Cucujiformia